post

poñelas ou botalas?

Non me preocupei de buscar datos estatíscos que o avalen, pero creo que na meirande parte do país as patacas bótanse. Á xente de Cachóns, en cambio, sóanos raro iso de botar as patacas, porque para nós as patacas póñense.  E postas quedaron as da miña casa o sábado pola mañá.

O froito destes poucos regos recollerémolo en agosto. Antes, posiblemente a finais de maio, xa se empezarán a consumir as patacas de cedo, que a estas alturas medran a bo ritmo na horta.

[e xa se sabe o que pasa coas patacas:
cando veñen as novas, xa ninguén quere as vellas]

Mentres as patacas ían quedando no rego, as campás avisaban do cabodano dun home que moitas patacas debeu poñer na súa vida. Tocaban por Gundín, o xornaleiro.

Comments

  1. Que vídeo máis guapo e simpático, enxebre ata no musical !!!!
    Co olliño pa riba e o cortado pa dentro… o que ben se aprende non se olvida; ou non debería.
    A satisfacción de ter pataquiñas postas na terra? non se vende nin se merca, hai que sentila pa saber se compensa. Gústame.
    [ o único que levo daquela maneira e o tema dos sulfatos (algúns prospeutos parecen feitos por e para científicos)]

    – Que felices os paxariños, sen entender das linguaxes das campás !!

    Boa colleita en Cachóns e onde non é Cachóns tamén.

  2. Non vexo eu a Falabarato cun ligón nas mans! (Isto xa non é traballar!)
    Moito me gustaron os cestos (son feitos na casa?) cheíños de patacas cortadas (teñen que ter un grelo, un gromiño, un xerme?) bueno, claro, para poñelas co olliño para riba…

    Vin efectos chulos neste vídeo, pero non os precisa para engaiolar, que non hai como ver á xentiña confabularse coa natureza para sacar proveito, e comer despois esas cousas ricas que vos prepara Esther de Cachóns!
    E xa sabes o dito: que a familia que traballa unida permanece unida (ou non era así?) 😉
    [da gusto vervos]

  3. Pois que a colleita sexa boa e abundante.

  4. Parece que estabades de bo humor, eh!
    Unha dúbida: ao inicio saen unhas imaxes con túa nai e teu irmán (?) ciscando algo que levan na carreta e que forma unha especie de fume. Que vén sendo, o fertimón?

  5. Harmony says:

    Vaia labrego estás feito, Falabarato, hahaha!!!
    Pero por moito que revires a visera estilo Cosmin:-)), non cola! Claro, como sempre te quedas detrás da cámara…
    Que ben o pasades!!!
    Iso si que é traballar e desfrutar en sintonía coa natureza!!!
    En canto á “idade” das patacas: eu prefiro as noviñas para unha ensaladilla ou guisadas con chícharos alá polo mes de xuño. Mais, para unha tortilla, moito mellor as vellas, teñen máis saborrr!
    [por terras dezás, botámolas ou sementámolas)
    Sabias palabras as de Esther: “Cada un que faga o que queira.”
    A min tamén me encantaron os cestos, e ata percibo o arrecendo da terra húmida, dos vimbios e as patacas cortadas…
    Xa nos amosarás a colleita que, sen dúbida, será boa!!

  6. xdafonte says:

    Ola e grazas polos comentarios.
    Respondo a un par de cuestións:
    -Os cestos son feitos na casa por meu pai. Nunca houbo na casa cestos nin cestas que non fosen feitos por el.
    -O que “ciscan” meu irmán e miña nai é borralla [cinsa], un grande fertilizante.
    Unha aperta.

  7. eliseumera says:

    Con tractor e cámara de vídeo parece que queres emular o Último supervivente.
    Botalas, sempre.

  8. silledense says:

    Nós tamén as botamos, Xosé.
    Moi divertido o documento.

  9. Qué chulo que o falabarato poña as patacas tamén!
    Nós tamén as botamos ese día,e eso que decían que non se podía que non era bo día, pero bueno alá van, a ver que sale, pataquiñas, ou patacolas! un saúdo.Mary

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: