post

un canto en moaña, hei!

Os meus amigos de Piloño non paran de traballar. Pasan moitas horas ensaiando cada tema para pulir erros e para conseguir un mellor axuste das voces, sempre en busca da excelencia, que xa sabemos que é unha meta [case] inalcanzable. Hai unha frase de Samuel Beckett que parece aplicable ao seu esforzo: “Dá igual. Proba outra vez. Falla outra vez. Falla mellor”.

Espero que manteñan este espírito o ano que vén.

[Tamén en Youtube. A actuación completa pode verse aquí]

Comments

  1. Cando falta pouco para que acabe este ano 2014, que foi para a Coral Polifónica de Piloño un gran ano intenso e cheo de viaxes amenos e con moita ilusión ,non me queda máis que agradecer inmensamente a Xosé Fuentes a súa inestimable colaboración e o seu traballo que xa traspasou fronteiras.
    Todos os vídeos son especiales e cheos de detalles. Pero este, ten algo diferente, xogou con moitos efectos que o fan lucir aínda máis. O de ver as caras como un cómic, non o esperábamos nadie e sorprendeunos agradablemente, coma sempre. A imagen do portal de Navidad feito de palla que estaba no escenario axudou a darlle o enfoque xusto. E o noso amigo Falabarato non perde detalle e como tal, hasta captou as imáxenes da auga co reflexo das luces que fan soñar que un está nun sitio de película. De verdad, que cada día que pasa mellora máis. E que decir do título? Que lle vai que nin pintado. A ver si o ve Julio Iglesias e nos chama para ir a Miami…. jajaja.
    O dito Xosé, MIL GRACIAS POR TODO E UN FUERTE ABRAZO.
    Mari de Piloño.

Deixar un comentario