post

noite de ensaio

Desde que me convertín nunha especie de reporteiro das actuacións da Coral Polifónica de Piloño tiña curiosidade por asistir aos ensaios. Misión cumprida, como poderás comprobar se queres dedicarlle uns minutiños…

Tamén en YouTube [aquí]

Comments

  1. Como ben ti dis Xosé, misión cumplida!! Noraboa unha vez máis por este traballo onde se reflexa perfectamente o que é o noso ensaio.E eso que faltaba moita xente, e sínto por el@s, pero a próxima vez será. Gustoume moito a xente subindo pola costa, os coches chegando, a luz que se reflexa da farola… Outros detalles unha vez máis fantásticos, as piñas, os vimbios, a auga que corre lixeira… Imaxes que contan a realidade dunha xente que se reúne para pasar o tempo agradablemente, activar a mente de novo, exercitar o oído, contar contos… en fin unha terapia de grupo do rural galego.
    MIL GRACIAS pola túa inestimable colaboración que tanto agradecemos. E decir que a foto dónde está o coro todo é en colaboración ca coral de Camanzo que foi no primeiro intercambio que se fixo na iglesia parroquial de Piloño e aquí seguimos hasta que cheguemos a operación triunfo e … seguiremos… si nos deixan hasta onde faga falta jaja. Un abrazo moi fuerte e a seguir así mellorando Falabarato.

  2. Que ambiente tan agradable se respira estre esa xente!!
    Unha reportaxe intensa.
    E ti, cando te animas a cantar?

  3. Moito máis ca un ensaio!. Co ben que cantas ti, han de convencerte para formar parte da coral. Claro que, despois, a ver quen lles fai as reportaxes. 🙂

Deixar un comentario