Glamur en Silleda, titulou La Voz de Galicia a crónica da gran gala do Videoghit 2012 que tivo lugar hai uns días na Casa de Cultura de Silleda. Aquí deixo o vídeo da primeira parte do acto.
Para velo en Vimeo, vai aquí.
[Vídeos de produción propia e historias máis ben mínimas]
Glamur en Silleda, titulou La Voz de Galicia a crónica da gran gala do Videoghit 2012 que tivo lugar hai uns días na Casa de Cultura de Silleda. Aquí deixo o vídeo da primeira parte do acto.
Para velo en Vimeo, vai aquí.
A idea de facer un vídeo só con fotografías levaba moito tempo rondándome. Como pasa con tantas outras cousas, só faltaba que aparecese unha chispiña que me levase á acción.
Pois resulta que apareceu a chispa, e foi no curso dunha conversa con Zeltia. Comentoume que quería facer un time-lapse -un palabro totalmente novo para min nese momento- e faloume das dificultades técnicas ás que se enfrontaba. Unha delas, posiblemente a principal, era dispor dun sistema que permitise facer fotos a intervalos regulares sen ter que estar pulsando o disparador.
Uns días despois púxenme a bucear pola rede e atopei un software gratuito que permite ampliar radicalmente as capacidades que traen de serie as cámaras réflex dixitais. Chámase Magic Lantern e incorpora, entre outras moitas cousas, un intervalómetro moi doado de axustar.
Resolta a cuestión técnica de base, o que fai falta é un trípode e gana de pasar horas mirando como a cámara queima obturador para acumular uns centos de fotos que darán para uns poucos segundos de imaxe en movemento.
[vimeo 41602661 w=800&h=400]O vídeo está na conta dos meus amigos/as de EtiColmeiro, que teñen en marcha o concuso Videoghit 2.0. Quen queira participar está a tempo!
No anterior post publiquei un vídeo saído da factoría Iván. Un vídeo de trens que non paran, de estacións que xa non son estacións.
Os de EtiColmeiro decidiron presentar este traballo ao concurso Olloboi, xunto co vídeo que mereceu o gran premio Videoghit 2011.
Agora chega o momento de votar. Onde? Aquí
Nota: O vídeo de Iván leva o número 40. O do Videoghit ten o 41
O venres tivo lugar na casa de Cultura de Silleda a gran gala do concurso Videoghit 2011. Un exitazo.
[O vídeo podería lucir mellor se houbese máis luz, pero decidimos non iluminar para favorecer o desenvolvemento do acto]
O zapato pide media,
a media pide zapato
O mesmiño que di a copla foi o que pasou entre Suso (EtiColmeiro) e Uxío, meu irmán. Os dous son dispostos, traballadores, imaxinativos e decididos. Tan só era cuestión de tempo que aparecese un proxecto no horizonte que lles permitise poñer en común o seu talento. E a ocasión presentouse co Videoghit, un certame de creación audiovisual impulsado desde EtiColmeiro.
Suso andaba a planear a gala de entrega de premios e pensou nuns trofeos diferentes aos que habitualmente se mercan para tales eventos. O que quería Suso era que estivesen feitos con materiais reciclados, con pezas que xa cubriron o seu ciclo de uso e que van dar ao lixo.
E o Uxío podería facer algo diso?
Falei con Uxío e amosou a súa disposición a colaborar. Minto, porque non lle podo chamar disposición ao que percibín realmente como entusiasmo. Uxío é mecánico: Vou facer uns trofeos con pezas de motor desas que tiramos no taller.
Uxío púxose a traballar [ver vídeo] nos sete trofeos que se lle pediran, e xa os ten listos unha semana antes do día da entrega de premios. Comprobei tamén que Suso xa ten pechada a programación da gala coa mesma antelación. O que dixen antes: Uxío e Suso, tal para cal.
Falaron