post

La questione della lingua

Questione_della_lingua

Os cinco folios do PDF que acompañan a esta entrada veñen sendo unha miniguía exemplar de como unha institución se pode rir na túa cara. Debullamos:

-Os folios 1 e 2 corresponden a un escrito asinado o 4 de xullo polo alcalde de Teo e dirixido á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. O texto dá conta dun fallo masivo do servizo ADSL e leva adxuntas as copias das reclamacións dos veciños e veciñas afectados. O documento do alcalde está escrito en lingua galega (lingua oficial en Galicia, sobra dicilo…).

-O folio 3 é un oficio no que o Instituto Galego de Consumo anuncia a remisión dunha copia do expediente recibido desde o Concello de Teo á Xefatura Provincial da Secretaría de Estado de Telecomunicacións, un órgano que depende do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. O devandito oficio, dirixido á cidade de A Coruña, tamén está redactado en lingua galega.

-O folio 4 é outro oficio polo que se dá traslado de toda a documentación á Dirección General de Telecomunicaciones y Tecnologías de la Información, en Madrid. Este texto xa está escrito en lingua castelá.

-Chegamos ao folio 5, o do desenlace, recibido onte por correo postal. Alucinamos cando lemos que se lle insta ao reclamante  a presentar de novo toda a documentación “debidamente traducida al castellano“.

Comments

  1. Esto si q é unha tomadura d pelo en toda regla a q sí?

Deixar un comentario