post

paleiras 2011

Abro a Wikipedia o día de Santa Margarita de Antioquía e leo que Villamartín é un pobo de Santa Eulalia de Oscos [en eonaviegoSantalla d’Ozcos, engade a enciclopedia, sempre xenerosa].

Di moitas máis cousas a Wiki, pero do que no fala [aínda] é da romaría da Virxe das Paleiras. A última edición tivo lugar o sábado pasado, día do Carme. Fixen un documento máis amplo do que agardaba, que che ofrezo en YouTube e en Vimeo.

[vimeo 26660749]
post

A Saleta 2008

A semana pasada celebrouse en Siador (Silleda) a festa da Saleta, que ven sendo o nome da montaña na que se lle apareceu, alá polo século XIX, a Virxe María a uns pastores.

Póñoche un vídeo-resumo dos dous días nos que estiven alí coa cámara. Se tes paciencia, contra o remate da reportaxe poderás asistir á confirmación de que os milagres se siguen producindo nos tempos que corren, aínda que adaptados ás novas realidades. Cóntanolo, e non sen coña, o pulpeiro Plácido.

Ver vídeo en YouTube (recomendada a opción “Ver en alta calidade”)

post

Vodas de Prata

O penúltimo día das miñas vacacións, trinta de agosto, paseino en Asturias. Alí asistín, en calidade de amigo e cameraman, ás vodas de prata de Manolo e Maricarmen. A celebración fíxose cadrar coa romaría que todos os veráns ten lugar na Pena das Paleiras, en Oscos. Xantamos no Ventorrillo, que xa pertence á Fonsagrada.

Recollín case tres horas de imaxes en vídeo, moito máis do que acostumo gravar, das que che ofrezo unha escolma.

Se queres ver este mesmo vídeo en YouTube, fai clic na opción VER VÍDEO EN ALTA CALIDAD (dispoñible na esquina inferior dereita da pantalla de vídeo, xusto debaixo do rótulo REPRODUCCIONES).

A %d blogueros les gusta esto: