post

De boca a orella

Estes tres traballos naceron como material de apoio audiovisual á presentación do libro De boca a orella. Tradición popular na alta montaña ourensá. De feito, varios dos audios que se incorporaron á versión final destes vídeos forman parte do voluminoso arquivo sonoro que Luísa Diéguez González, a autora do libro, foi xuntando pacientemente ao longo de moitos anos. E que dicir do libro? Un traballo minucioso, ben documentado, moi ameno e, sobre todo, moi ben escrito.

post

Herba Grileira

Días antes deste último Nadal asistín en Melide á presentación do disco As Músicas da Terra de Melide, un traballo moi meritorio da xente de Herba Grileira. Non levaba comigo nin cámara nin intención de gravar nada, pero tan pronto empezou o acto souben que pagaba a pena coller o móbil e rexistrar todo o que se ía desenvolvendo no escenario. É obvio que non son as mellores condicións para facer unha gravación con xeito, pero, aínda así, decidín ir montando por separado todas as peciñas da sesión.

Aquí che deixo a ligazón á lista de reprodución con todas esas pezas.

[Centro Sociocultural Mingos de Pita, Melide, 17 de decembro de 2022].

post

Fervenza de Santa Mariña (Graba – Silleda)

Tesouros que temos ao noso carón e que non coñecemos…

post

A Compaña (Melide, 2022)

post

IES de Esparís: 14 anos de abandono

post

No Pumariño non había castiñeiros [2]

post

No Pumariño non había castiñeiros

Quen planta un souto, planta para outro.

post

Fervenza da Graña [Forcarei]

post

As mans de Ramón Conde

post

Vimbios

post

Roteiro dos viñedos

post

fototrampeando

A %d blogueros les gusta esto: