post

colacao

-Xa sei que é unha tontería, pero non che levo nada ben que me empecen a chamar señora nos comercios e nos restaurantes.

-Pois a min fixéronme esta pregunta hai uns días: Xosé, xa existía o colacao cando eras pequeno?

Comments

  1. Xa, a mesma historia cunha fómula máis sutil, máis ” ideal “. Si Señor ;)))
    – Inesquecible o sabor do colacao…mnnn –

  2. e existía?
    😉

  3. Aínda no cumprira os catro anos. Un día, aproveitando que non había ninguén na cociña, estarriqueime para coller unha culler do caixón e dspois abrín a porta da lacena. Agarrei a lata do colacao, unha daquelas latiñas decoradas que seguro recordades, senteime no chan e culleradiña tras culleradiña comencei a degustar o delicioso alimento. Como estaba tan entretida non me decatei de que á miña beira se achegara un gatiño e se sumara ao banquete lambendo o requesón do prato que estaba no estante do fondo. O festín durou ata que nos descubriu a miña madriña, o felino escapou nada máis oíla e eu atrapei unha pequena bronca, máis que nada porque a miña o proxenitora non sabía o tempo que levaba alí e temía que me puidese sentar mal tanto colacao así en seco. Esto ocorría a finais dos sesenta, e xa existía o colacao!! Botade contas!
    (Uns vinte anos despois, paseime ao café. Non sei que será mellor).

Deixa unha resposta a A Cancelar a resposta