post

filloíñas con tabasco

Como di sempre A Contramuleta, tomando prestadas as palabras de Eugenio D’Ors, todo o que non é tradición é plaxio.

Comments

  1. A Contramuleta says:

    Como diría o Falabarato tomando prestadas as palabras de Séneca: “Ningunha árbore é forte sen continuos ventos, pois estes fortalecen as súas raíces”.

  2. Anónimo says:

    Non sei co tabasco pero cos canónigos teñen unha pintaza……………………………

  3. Harmonía says:

    Uhmmm… Que ricas esas filloíñas!
    (eu tamén digo: co tabasco, non sei). Farei a proba coa rúcula e un pouco de queixo freso.
    Que todo está inventado xa? Pois a reinventar as filloas, como vós fixestes. E bo aproveito!!

  4. áptera says:

    Seica dicía Nestor Luján que “as crêpes saladas piden, na Bretaña, a sidra do país”. Estas filloas con rúcula tamén pedirán unha bebida axeitada, presumo. E non digamos se levan tabasco, ese condimento tan presente na nosa tradición milenaria!!

  5. Que boiñas son as filloas, e o que dan de si. Sorpréndennos con moitos sabores… pero tabasco ??
    vaia descubrimento !!
    Eu tamén pensei, como non,- no tema da bebida –
    que máis de un había resoplar… e bastante !!!

  6. ¿todo o que non é tradición é plaxio?
    Logo non hai nada innovador? home, vale con que case todo é o anterior “cun toque de distinción”, pero non vou estar de acordo con D’Ors (si é que o dixo) nin co teu amigo argallante, vaia par co do tabasco!, xa vos vale.

    que guapo estás!.

    ¿hasme facer a min unhas filloiñas?, sin tabasco for me, please

  7. Anónimo says:

    Con rúcula???Ai, estouche ben…Pensei que eran canónigos.
    Eu creo que con calquera cousa me valen.

  8. Acábanme de entrar ganas de facer unhas filloíñas para a sobremesa de hoxe. Irán recheas de queixo e mel. Noutra ocasión probarei coa rúcula.
    …Igual lle poño un chisco de tabasco a unha delas, a ver que pasa…
    Bicos

  9. Anónimo says:

    O do xornalista de Porriño deixa no ar unha intriga.
    [Coma neses tests onde hai que atopar o que discorda, aquí o que desentona non é o tabasco -comida é ao fin- se non ese misterioso xornalista de Porriño no medio de italianos e polacos de marcada tradición católica.
    ¿Volverá aparecer ese persoeiro?

    Vou crear agora memos no facebook o grupo de admiradores anónimos do descoñecido xornalista de Porriño seguro que mañá, arestora, terei mínimo 400 I likes.

  10. Anónimo says:

    Non é cousa de plaxio senón de innovación e de mellorar no posible o que xa temos.
    …e preguntome eu qué pasaría se lle botas salsa de soja?

Deixar un comentario