post

100

Con este xa van cen. Cen artigos, un detrás do outro.

Claro que cho dedico a ti. Tamén a ti, e a ti… Si, a ti, claro, a ti tamén. Mesmo a ti, que non pasas por aquí pero que tés o teu oquiño reservado [Se os días son de cera, por que non ía selo o meu coração?].

Hoxe tamén é o día no que festexamos que A Contramuleta pon unha veliña máis na tarta. A ocasión perfecta -pensei- para facerlle un outing en condicións a este habitual axitador do Falabarato. Fágase, pois, a luz.

Antes da Contramuleta foi A Muleta. A Muleta de Cachóns, se queremos ser precisos. Todo empezou no Akinator, unha web na que che len o pensamento, como declarou Iván nun vídeo. Pois resulta, queridas nenas e nenos, que o Akinator recolle na súa base de datos a figura dun toureiro que tén por sobrenome A Muleta de Cachóns. Pode que o recoñezades pola foto que aparece na propia web, que foi tomada nun bar de Lestedo, por certo.

Ao pouco de saberse da existencia da Muleta de Cachóns apareceu en escea a figura da Contramuleta, que desde entón se prodiga neste blogue con comentarios non sempre politicamente correctos, pero si edificantes.

E por que se chama A Contramuleta? Por servir de puro contrapunto á Muleta? Por suposto que non. A explicación hai que buscala en Silleda, nunha casa de comidas na que A Muleta e A Contramuleta dan conta dunhas modestas viandas. Son os tempos da moción de censura e os ánimos andan quentes no pobo. A Muleta e A Contramuleta comen, beben e escoitan/encizañan a un home que brama contra os tránsfugas que propician a moción:

-O máximo culpable é Louzán [presidente da Deputación de Pontevedra], que é quen move todos os fíos e quen lle dá cancha aos contrafughas.

Aquel sonoro contrafughas non quedou no esquecemento, non, e del botou man A Contramuleta para construír o seu heterónimo.

Comments

  1. A Contramuleta says:

    Pois creo que hoxe nos aproximaremos un pouco máis a eses 100 muletazos e contramuletazos que damos nese bar de Lestedo.

  2. Parabéns polo centenario [para o próximo vasme incluír a min na dedicatoria? :D]
    Fun probar o akinator, pensei na Muleta de Cachóns, e non mo acertou e iso que, efectivamente, figura na súa base de datos!
    Resultoume moito máis verídico o Dimitri
    Feliz cumpleanos para a Contramuleta [a verló como reacciona ao botalo fora do armario]

    • (oh vaia, colouseme o comentario de Contramuleta mentres me entretenía co Dimitri!)

    • xdafonte says:

      Xa estás incluída, Zeltia. Nesta dedicatoria hai sitio para moita xente [como dixo en certa ocasión ese amigo teu…]
      Para que che saia a Muleta terás que ter algo de paciencia. Lembra: toureiro, entre 30 e 50 anos, a súa lingua nai non é o español, tén un sobrenome…

  3. Hum, que enredo tan touril nos traes hoxe.
    Espero que o noso toureiro non corte rabos e orellas…!!!pero, si se deixe tirar delas
    [ cousas de rapazes (hui case o poño con c)]
    Parabéns ós dous, e a por outros cen, xfi.

  4. Harmonía says:

    Si, si. Concordo con “O”
    Noraboa!! E a por outros 100!

  5. Anónimo says:

    Lendo esta bonita frase, “se os días son de cera, xq non ía selo o meu corazón”? me emociona e me fai sacar unha sonrisa, gracias x eso, polos cen, e x todos os que seguiran a estos artigos, pero sobre todo pola sonrisa.
    Noraboa a contramuleta!

  6. silledense says:

    Un cento de artigos xa fan un bon feixe. Bicos desde Trasdeza.

  7. Esperamos con ansia o 101. Será importante!

  8. áptera says:

    Felicidades por los cien. Me encantó verte en el sillón del conselleiro, jaja…

Deixar un comentario