
música sacra [Cacheiras]
No vídeo, un dos catro temas interpretados pola Coral Polifónica de Piloño no III Festival de Música Sacra (Cacheiras, 12 de marzo de 2016).

va, pensiero
O día 6 de xaneiro tivo lugar en Merza (Vila de Cruces) o Concerto de Reis, que contou coa participación das seguintes formacións: Grupo de Gaiteiros “O Arco”, Pandereteiras “Zarabanda”, Banda Xuvenil de Merza, Banda Artística de Merza e Coral Polifónica de Piloño. Neste vídeo recollemos o Va, pensiero, o célebre coro do terceiro acto da ópera Nabucco, de Verdi.
E agora déixoche un amplo resumo de todo o concerto.

rematando o ano con música
Concerto da Coral Polifónica de Piloño na Residencia de Maiores de Pontepedriña (Santiago de Compostela)
Concerto da Coral Polifónica de Piloño en Cedeira
Concerto da Coral Polifónica de Piloño en Bertamiráns (Ames)

vinte anos non son nada
Vinte anos de traballo, de ilusión e de convivencia xa dan polo menos para unha gala…
Os seguintes tres vídeos son outros tantos intentos de recoller en imaxes a historia da Coral Polifónica de Piloño.
Todos os vídeos en Youtube: vídeo 1 (gala), vídeo 2, vídeo 3, vídeo 4.

concerto na Fundación Xosé Neira Vilas
O día 22 de agosto, sábado, asistín a un concerto da Coral Polifónica de Piloño na sala Luís Seoane da Fundación Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces).
Non faltou entre o público don Xosé Neira Vilas, o anfitrión, que estivo acompañado por Tadashi Yamamoto, un antropólogo nipón que se embarcou na tarefa de traducir ao xaponés as Memorias dun neno labrego, unha obra que xa conta desde hai anos con traducións a moitas linguas, entre elas o chinés.
A presentación do acto correu a cargo de Luís Reimóndez, presidente do Centro de Iniciativas e Turismo da Estrada e fillo de Manuel Reimóndez Portela, o médico dos pobres.
Tamén en YouTube [aquí]

se vou a bueu…
Seguimos documentando con imaxes as andanzas da Coral Polifónica de Piloño por eses mundos… Esta vez tocou ir a Bueu para gravar unha das súas mellores actuacións.
E aquí en Youtube

tamén en castro urdiales
Que queres velo en Youtube? Pois fai clic…

crucesarte 2015
A Coral Polifónica de Piloño e os Gaiteiros de Piloño interpretan a Muradana.
Se queres ver a actuación completa de ambas formacións, fai clic aquí.

once corais en Ribadumia
Once corais dunha tacada!
Comecei a gravar ás cinco da tarde e rematei despois das oito. O meu obxectivo eran os meus, os de Piloño, que cantaban en cuarto lugar, pero decidín recoller todo o acto.
Esta é a actuación da Coral Polifónica de Piloño
E esta é a ligazón para ir ao concerto completo, só para auténticos fans… Funo minutando para facilitar a búsqueda de cada agrupación.

un canto en moaña, hei!
Os meus amigos de Piloño non paran de traballar. Pasan moitas horas ensaiando cada tema para pulir erros e para conseguir un mellor axuste das voces, sempre en busca da excelencia, que xa sabemos que é unha meta [case] inalcanzable. Hai unha frase de Samuel Beckett que parece aplicable ao seu esforzo: “Dá igual. Proba outra vez. Falla outra vez. Falla mellor”.
Espero que manteñan este espírito o ano que vén.
[Tamén en Youtube. A actuación completa pode verse aquí]

avilés
O 22 de novembro tocou viaxar coa Coral Polifónica de Piloño para participar no Certamen Internacional “Villa de Avilés“. Aquí vai a crónica:
[Tamén en Youtube, por suposto, con isto de propina…]
Falaron