Estes tres traballos naceron como material de apoio audiovisual á presentación do libro De boca a orella. Tradición popular na alta montaña ourensá. De feito, varios dos audios que se incorporaron á versión final destes vídeos forman parte do voluminoso arquivo sonoro que Luísa Diéguez González, a autora do libro, foi xuntando pacientemente ao longo de moitos anos. E que dicir do libro? Un traballo minucioso, ben documentado, moi ameno e, sobre todo, moi ben escrito.
Deixar unha resposta