Días antes deste último Nadal asistín en Melide á presentación do disco As Músicas da Terra de Melide, un traballo moi meritorio da xente de Herba Grileira. Non levaba comigo nin cámara nin intención de gravar nada, pero tan pronto empezou o acto souben que pagaba a pena coller o móbil e rexistrar todo o que se ía desenvolvendo no escenario. É obvio que non son as mellores condicións para facer unha gravación con xeito, pero, aínda así, decidín ir montando por separado todas as peciñas da sesión.
Aquí che deixo a ligazón á lista de reprodución con todas esas pezas.
[Centro Sociocultural Mingos de Pita, Melide, 17 de decembro de 2022].
Deixar unha resposta