post

a felicidade era iso

Sabía que Iván estaba ilusionado co partido de Riazor. Hai cousa dun ano tocoulle vivir alí o descenso e levouno con bastante amargura. É unha destas persoas para as que o fútbol o é todo, ou case, e por iso gozou coma nunca co regreso á primeira división. Nunca o vira bailar,  pero onte bailou ao compás da coidada banda sonora elixida para a ocasión pola xente do Dépor.

Este vídeo vai dedicado a el. Non podía ser doutro xeito.

Comments

  1. Parabéns, Iván! E xa ten mérito que chos dea unha celtarra!!!
    Un biquiño.

    • A festa aínda continúa hoxe. Os xogadores percorreron a cidade no seu autobús de dous pisos, (coa incomodidade que supón para a xente que andamos ao noso) e cando pasei pola beira da praza de María Pita parecía que algo grande tiña cambiado no mundo! (moito me acordei de Iván)

  2. Parabéns, Iván!!!!!

  3. gracias a todos polos felicitaciones. po ano imos pola liga

  4. Felicidades, Iván! a ver se é verdade, Forza!!!!

  5. Áptera says:

    Felicidades, Iván!
    E moito ollo con esas bandeiras independentistas azuis e brancas 😉

  6. Anónimo says:

    Unome, Iván, noraboa, felicidades, a pola liga, champions e copa do Rei!

  7. Que feliz se che ve, Iván!

  8. E agora acompañado polo Celtiña!

  9. Anónimo says:

    Noraboa Iván! aínda que sea con retraso.
    Gústoume a túa cara de felicidade, parece que estás no campo xogando con eles. E o teu pañuelo ou bufanda a cabeza non ten precio, eu xa pensei que eras un árabe jajajajaja.
    Deberíamos aprender de tí a vivir así as emocións, casi se percibe o latexar forte do teu corazón. E… ata bailaches…. moi ben. Alegrome moito por tí.
    Parabéns tamén a falabarato por facer que o soño de ir velo depor de Iván se fixese realidade e de deixar constancia da súa alegría.
    Abrazos os dous e non deixedes de compartir con nós vale? porque o voso equipo funciona perfecto.
    Maridepiloño.

  10. Hola de novo, son maridepiloño non quería salir como anónimo pero menos mal que firmei o final… non sei que pasou. As miñas disculpas. Desta vez creo que vai ben, o apuro non e bo… para nada de nada, jajajajaja.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: