post

videoghit 2.0 // time-lapse \\ zeltia

A idea de facer un vídeo só con fotografías levaba moito tempo rondándome. Como pasa con tantas outras cousas, só faltaba que aparecese unha chispiña que me levase á acción.

Pois resulta que apareceu a chispa, e foi no curso dunha conversa con Zeltia. Comentoume que quería facer un time-lapse -un palabro totalmente novo para min nese momento- e faloume das dificultades técnicas ás que se enfrontaba. Unha delas, posiblemente a principal, era dispor dun sistema que permitise facer fotos a intervalos regulares sen ter que estar pulsando o disparador.

Uns días despois púxenme a bucear pola rede e atopei un software gratuito que permite ampliar radicalmente as capacidades que traen de serie as cámaras réflex dixitais. Chámase Magic Lantern e incorpora, entre outras moitas cousas, un intervalómetro moi doado de axustar.

Resolta a cuestión técnica de base, o que fai falta é un trípode e gana de pasar horas mirando como a cámara queima obturador para acumular uns centos de fotos que darán para uns poucos segundos de imaxe en movemento.

O vídeo está na conta dos meus amigos/as de EtiColmeiro, que teñen en marcha o concuso Videoghit 2.0. Quen queira participar está a tempo!

[vimeo 41602661 w=800&h=400]

 

Comments

  1. estou morta de envexa! non é un time lapse, son máis dei 20 mini-time-lapses…!! E eu que xa me conformaría con un de 20 segundos… non me vexo con ánimo para ir resolvendo todas as dificultades que leva un traballo como este, e sabes canto me apetecería ser quen de utilizar esta técnica, creo que é un recurso expresivo no que me sentiría cómoda.(Bueno, se o intento, espero contar coa túa axuda, coma sempre, Mr. Teacher)
    As partes que máis me gustaron son a do pan, os reloxios (tanto significado!), o queixo… bueno, as domésticas todas, incluso esa dunha toupa debaixo do edredón!
    o Pico Sagro, o aparcamento do Instituto, o charco… jajaja bueno, vou terminar citando todas as secuencias!
    Parabéns Falabarato!!!!

  2. Excelente, el video, la paciencia, el procesado, el revisado,el movimiento, la música, el movimiento, el revisado, el procesado, la paciencia, el video excelente.
    Saúde e Ceibedade
    b:Deíca-r

  3. Mui bo traballo !.

  4. encantáronme un par de secuencias que me mostraches esta semana…
    O resultado final: IMPRESIONANTE!!!
    Larga vida

  5. Áptera says:

    Así naceu o cine, non? Eu nada podo dicir das cuestións técnicas, pois deso non entendo nadiña, pero si que resulta curioso o efecto que producen as imaxes: hai un tono así como antigo nesas composicións que as fai moi atraíntes.

  6. xdafonte says:

    Moitas grazas pola vosa participación. Seguímonos vendo.

  7. Impactante traballo. Ese contraste entre dúas moles, o Pico Sacro e a Cidade da Cultura está moi logrado. É a neutralización do “Tempus fugit”…A eclosión do pan….
    As sabias palabras de Eva Veiga “Cada cousa aparece e disípase” leváronme a outro sabio, o rei Salomón:

    “Hai un momento para todo e un tempo para cada cousa
    baixo o sol:
    Un tempo para nacer e un tempo para morrer,
    un tempo para sementar e un tempo para recolleitar o sementado.
    ……
    un tempo para demoler e un tempo para edificar;
    Un tempo para chorar e un tempo para rir,
    ……
    un tempo para tirar pedras
    e un tempo para recollelas;
    un tempo para abrazarse
    e un tempo para separarse;
    Un tiempo para buscar
    e un tempo para perder;
    un tempo para gardar e un tempo para tirar….
    un tempo para a guerra
    e un tempo para a paz”
    Libro do Eclesiastés, capítulo 3, versiños 1-8, século IX a. de C.
    Parabéns pola presentación desta nova xoia.

  8. Outro excelente traballo, Falabarato!
    Xa hai tantos detalles técnicos explicados! As secuencias de imaxes, as conexións e os significados…

    E moito me gusta o comentario-aportación de Mer…

    Apertas de maio

  9. que preciosidad de time-lapse!

  10. Impactoume a imaxe do pan fermentando e o queixo derretido. Describe perfectamente a vida, todo nace e ten unha época brillante, alegre… pero… desgraciadamente, antes ou despois, acaba desaparecendo… en definitiva, morrendo.
    Da gusto ver a cara dos alumnos de informática, que concentración!
    O traballo e estupendo, parabéns os dous, Zeltia e Xosé.
    Eso que eu son máis de cousas e imaxes con calma, e por momentos, como teño vértigo, dame a sensación de que como as veces cambia tan rápido, vaiseme a cabeza.
    Ai Dios, e xa será cousa da edad!!!
    Saludos, Mari de Piloño.

  11. Andrea says:

    Encantoume.
    Por certo, sabías que a Dalí se lle ocurriu pintar “Os reloxos blandos” ( esa especie de metáfora sobre a flexibilidade do tempo) cando viu un queixo Camembert derreténdose?

Trackbacks

  1. […] na mesma silla diante da mesa da oficina. 9.000 días un detrás de outro. A miña memoria fai un time lapse deses 9.000 días, detrás da ventá, no mesmo sitio, na mesma postura: eu co pelo rizo, ombreiras […]

  2. […] de Chousa da Alcandra e a música composta por Raúl. Falabarato recitou e aportou as imaxes coa técnica time-lapse que eu xuntei coas miñas para montar este […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: