post

no mesmo barco

Xa case ninguén fala na sala de espera. Daquelas animadas conversas doutro tempo apenas queda hoxe un tímido bos días, ese saúdo de rigor que precede ao acto de sentar e coller un exemplar do Tierras, o xornal de balde que se distribúe con notable xenerosidade no centro de saúde de Cacheiras, ou ao de botar man do móbil para evadirse coa tecnoloxía e os seus misterios.

Pero el sempre queda de pé, alerta, en tensión, por moito que a súa visita teña un carácter absolutamente rutinario. Eu coñezo a orixe do seu medo e sei canta enerxía consome tratando de ocultarse. Seino non só por el: seino porque ese impulso tamén habita en min. Tardei anos en darme conta de que viaxamos no mesmo barco.

Comments

  1. Moi ben descrito o que se fai nunha sala de espera dun centro de saúde ou hospital, en algo hai que pasar o tempo, e menos mal si hai algo para leer ou ou o móvil. A maior parte do tempo pásase mirando uns para os outros cada un pensando nas súas cousas e cando pasa alguén ou entra un novo pola porta, todos os ollos se pousan nese individuo. E algo que rompe a monotonía e agradecese.
    Aínda que as visitas sean rutinarias o medo a que haxa algo novo, sempre está ahí. Claro que todos vamos no mesmo barco,uns con máis seguridade e outros con máis nerviosismo.
    Eu personalmente digo: ” bueno despois de tantos anos e visitas xa estou cocida”,Pero e moi difícil acostumbrarse a pinchazos,probas… e o pensamento de: “e que resultados me darán” Eso sí, temos que reconocer que contamos e somos moi afortunados con grandes profesionales que velan pola nosa saúde.
    Bo relato falabarato, algo real como a vida misma. Un abrazo de maridepiloño e ÁNIMO para os dous.

  2. no mesmo barco… Nunca é tarde para darse conta das cousas importantes. Ogallá que ese “el” sexa quen eu penso, ogallá!
    Bicos

  3. teño buscado nos ollos dos doentes que compartiron sá de espera comigo.
    esculcar se no peito latexa a mesma emoción.
    pero non albisco máis ca a cor do iris.

    [eu cambio de medio de transporte: nas sás de espera hai veces que me vin nun tren baldeiro que se mete nun túnel só comigo dentro]

    a foto gústame moito.

  4. Pois claro que estades no mesmo barco.

  5. Rocío says:

    Unha maioria estamos no mesmo barco, o que nos fai diferentes son os sentementos que temos hacia o que nos vai sucedendo, poida que as cousas se vexan de distintos cores dependendo de en que lugar do barco un se atope.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: