post

ponte maceira [de noite]

Teño estado en Ponte Maceira moitas veces. Teño ido ata alí en coche, na bicicleta e andando [aclaro que andando só fun unha vez]. Saquei moitas fotos alí e lévanme feito tamén unhas poucas, pero o que  nunca fixera ata a noite deste martes fora gravar Ponte Maceira de noite.

 

 

Podes velo tamén en Vimeo [aquí]

Comments

  1. Espectaculares e fantasmagóricas imaxes, que contrastan coa brancura da escuma das ondas, “El agua se suelta el pelo en las cascadas” dixo De la Serna nunha gráfica greguería.
    Eu tamén fun moitas veces ata a Ponte Maceira. Case sempre con bo día, ou para vivir in situ os efectos dalgunha enchente. Nunca me imaxinara que escondía tanta beleza na escuridade da noite…e tanta vida!
    Un bo destino e un bo traballo.

  2. Mira que me gustou ese cd… escoiteino ata case aburrilo.
    E xa pode Xabier Díaz(?) cantar coa súa voz acariñadora onde é que estaba a lúa que o alumea,
    e xa pode Gelman escribir
    “tú destruyes el mundo para que esto suceda,
    tú comienzas el mundo para que esto suceda”,
    que eu penso que non, que non, que sempre somos nós.

    Agora soa Berrogüeto (máis dun ano despois da miña machacona audición) e eu escóitolle cantar, mentres a auga, mentres as pedras de noite, [a que foi a miña noite brumosa de partículas frías que me chegaron ao interior do óso]
    e este video non me pode gustar tanto coma outros teus, pero non porque non sexa fermoso: será pola auga fría e a brétema. pola escuridade. Será polo meu desacougo.

  3. MJosé says:

    Eses camiños empedrados,esa ponte medieval que percorren os peregrinos camiño de Fisterra,toda esa contorna donde parece que se detivo o tempo trasládanos a outro século…
    O son da auga,o río…fai que se transforme nunha paraxe moi romántica.
    Tiven o pracer de estar moitas veces en Ponte Maceira de visita, e tamén na festa campestre que organizan os veciños na beira do río Tambre polo verán.Pero o que máis me impresionou, foi ver a forza da auga no inverno que deixa algunhas casas “no medio do río”.

  4. E impresionante ver que aínda na noite, hai vida!! As follas móvense o compás do aire e a auga corre como se quixera escapar da noite con forza. Aínda que a parte que máis me gustou e o reflexo das luces na auga mentres se move! O traballo está ben feito e ten moitos contrastes de luz, aínda que está escuro, percíbese perfectamente o que queres facer ver.
    No segundo 44, o efecto faime recorda cando un vai facer unha ecografía e o ves no monitor.
    E o que me chamou a atención foi o fantasma que hai facendo figuras no segundo 55. A ver se vai haber espíritus!!! ja,ja. Mari.

  5. Precioso e orixinal comentario de Mari de Piloño. Seguín as súas instrucións e efectivamente, pareceume estar contemplando unha ecografía(cun son máis agradable) e unha pantasma que nos alerta de algo, erguendo os seus brazos e xuntando as mans…Impresionante. A noite dá para moito! Lembro que cando eu era pequena, pensaba que mentres nós dormiamos, a noite se enchía de aves que pululaban ás súas anchas, lonxe dos humanos que polo día as escorrentaban. Eu tiña moito medo a mirar, tanto que unha vez pechadas as contras, non me atrevía a abrilas ata que chegaba o día.
    Graciñas, Mari, polos teus comentarios tan ocorrentes.

  6. Heroes que gárdanse na memoria dos seus unhas das moitas miles de vítimas que teñen cabida no imaxinario popular.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: