post

os trinta de iván

Esta semana fixo trinta anos o noso Iván!

 

 

Nota/ Este traballo foi gravado integramente cun teléfono móbil. Nunca antes usara un móbil para ningún dos meus vídeos e non cría que me fose dar as prestacións mínimas. Pois si que as dá.

Comments

  1. Xa vexo que o teléfono cumple, sobradamente, como cámara de video… gustoume moito como montaches as felicitacións, quedouche un videoclip chulísimo. Seguro que Iván estará encantado cando o vexa… É todo un regalazo (inda que faltas tí nas imaxes e tí, neste caso, debías estar)

    Moitas felicidades para Iván polo seu 30 cumple… todo un acontecemento!!!!

  2. Querido Iván, espero que pasaras un día agradable e que pediras un deseo. Hai que ver canta xente che queremos ben. E que claro…eres tan natural e sencillo que te fas querer. Sigue así e non cambies!! E que ben che queda a chaqueta, quen te verá fardar por ahí, eh?
    Quedou un vídeo moi chulo, e eso que está grabado cun móvil. Este falabarato e todo un fenómeno,e damos fe que o teléfono ten boa cámara.
    Eso sí, estou dacordo con Zeltia, que Xosé debería deixarse ver nas imaxes con Iván, ahí abrazadiños coma dous irmáns, ja,ja.

  3. Anónimo says:

    Bos días Amicus:
    Felicidades Iván…e volverán outros anos cumpridores.
    Boa felicitazón isa co video, bo agasallo. Gustoume moito pero mais no minuto tres dez. Ise “memento” foi un bo disfrute; dícinse cousas boas. Lembranzas pra os actores expontaneos…jeje.
    Breves saúdos e ao minuto ise mais.
    [texto con bisbarrismos]
    Deica logo amicus…

  4. Iván, benvido ao clube dos -ta! -como di Uxío.

    Xosé, será posible que te esqueceras de felicitar a Iván? Por aquí non te vemos… Pero si que te escoitamos!

    Grazas por convidarnos a participar nas felicitacións a noso amigo Iván. O vídeo, un agasallo para todos, rebosa alegría e cariño.

    Moitas parabéns, Iván “o deportivista”! -como escoitei por aí 🙂 😉

  5. Áptera says:

    “E logo Campanas de Bastavales non é de Pimpinela?” 🙂
    Es o demo, Xosé!!!

    Moitos parabéns a Iván. Teño ganas de coñecelo…

  6. Non che entendo de cámaras nin de edición de vídeo, pero asómbrame que se poida facer algo así cun móbil. Imaxino que o Samsung co que traballas non é dos correntes, non?
    Parabéns ao pillabán ese que cumpre anos!

  7. xdafonte says:

    Grazas por pasar por aquí e tamén por comentar.
    Pregúntame Eueu polo móbil que utilicei, o Samsung Galaxy SII. Si é certo que se trata dun aparello bastante potente, con gravación Full HD e boas prestacións, mesmo de son, que soe ser un punto moi delicado nestes dispositivos. Eu doume mellor coas cámaras convencionais (por calidade, por comodidade e sobre todo polos estabilizadores de imaxe), pero desta volta quixen traballar tan só con material rexistrado co teléfono e quedei moi satisfeito.
    O traballo está editado no Premiere CS5, que é co que eu traballo habitualmente. Por se lle vale de algo a alguén, probei tamén cun programa moi sinxelo e creo que moi recomendable para quen se queira meter nestas faenas: Cyberlink PowerDirector 10. Cheguei á conclusión de que este software traballa moi ben con dispositivos coma móbiles ou cámaras de fotos (non si, Zeltia?). Non dá ningún problema por desaxuste de codecs ou por cuestións de formato e é, dentro do que cabe, bastante intuitivo.
    Saúdos.

  8. MJosé says:

    Valeu a pena combater ese medo escénico,(ese corre,corre pola cafetería), cando vin a Xosé cunha arma na man que me asusta: unha cámara.

    Para este mociño que me trae o café, bombóns, faime rir polas tardes, dame sustos de morte e que me quere colocar algún que outro mozo…
    Un bicazo.

    PD:Celebrar os 30 é unha gozada,a partir dos 40 para min unha “putada”.
    Eu xa me plantei.

    Fermoso regalo Xosé.

  9. Eu tamén quero unirme ós moitos felicitadores de Iván, así que os meus parabéns tanto para ti, por ser o protagonista, como para Xosé, por este magnífico traballo…cun móbil! Sorprendente.
    Un bico e unha aperta virtuais para o Gran Iván.

  10. Anónimo says:

    Outra admiradora máis de Iván.
    Moitos biquiños

  11. Iván, moi feliz entrada nos trinta e ánimo, sorte co Deportivo, dicho un celtista!
    Apertas!

  12. Estou pensando, agora que Iván cumpleu os seus 30 aniños, e pregúntome, dende que edade o coñeces? Un día contaras que era un neno pequeno, que asistía o cole o que o coñeciches no recreo creo recordar, pero, canto fai de eso se non é moita indiscreción? 20 e moitos, non?

  13. Anónimo says:

    gracias a todos

  14. Anónimo says:

    Parabéns a você,
    Nesta data querida,
    Muitas felicidades,
    Muitos anos de vida!

    Hoje é dia de festa
    Cantam as nossas almas
    Para o Iván
    Uma salva de palmas!
    Parabéns, Iván, hoxe e sempre. Es un crack!!!!!!!!!!

  15. gracias a todo polos comentarios. vou chegar a 100 anos. A chica da limpieza do instituto escápalle á cámara pero desta vez non. Gracias a todos polas felicitacións e polos regalos. Gracias o director por tocala campana das propinas. Cantas propinas deixaches?

  16. Un que pasaba says:

    Felicidades,amigo Iván.

  17. silledense says:

    Trinta anos xa? Pois a seguir cumplindo, Iván!
    Parabéns!!!

  18. o outro día, cando vin o video e comentei, non tiven gana de ir ver o enlace -confiaba en que coñecía a historia- mais agora, que fun, volvinme a emocionar, por como a contas… o que se adiviña tamén nos ocos das palabras.

Deixa unha resposta a Zeltia Cancelar a resposta