post

unha nova glándula

Detrás miña, a lámpada vermella. O son do río á man dereita, do outro lado da ventá. Os meus ollos navegan polo teito. Péchoos.

-Concéntrate na respiración.

Confeso que nunca souben moi ben como seguir estas instrucións…

-Agora expulsa o aire amodiño. Así, moi ben.

Non precisa mirar, abóndanlle as mans para saber.

-Hai tensión nas dorsais, pero véxote máis lixeiro, máis aberto ás emocións…

E creo que leva razón.

Unha das técnicas que me aplica consiste nunha especie de arrolo. Ata hoxe nunca lle dixera que ese movemento me lembra o que fai meu pai cada ano cando prepara os pipos para o viño novo. Automaticamente vou proxectando a imaxe de meu pai e asisto á cerimonia da colocación dos pipos nunha esqueira tumbada no chan. Despois bótalles dentro auga e unhas pedriñas miúdas e ponse a arrolalos con paciencia. Así cada ano. Tamén este.

PS/ Hoxe entereime de que teño unha glándula que se chama timo.

Comments

  1. Ai, as dorsais! E as lumbares! Como me soan eses arrolos, dalgún xeito semellante algo experimentei uns anos atrás e ben que me foi (tamén recoñecezo que debería ter continuado cos “arrolos”).
    E ti sempre compartindo, arrolándonos:-) Grazas unha vez máis, Falabarato.

    Que proxectes a imaxe de teu pai…, esa “conexión” tamén che axudará, seguro.
    Bicos

  2. Verdadeiras e sabias palabras:” as palabras pudrense baixo a terra” e ten que ser así.
    E sobre todo co pasado.Cando alguén nos ofende ou recordos vividos que retumban nos oídos e son dolorosas. E un modo para avanzar no futuro. E desde logo liberar a tensión das lumbares, e as emocións xunto co arrolo do pipo seguro que e unha sensación como de VOAR e de LIBERTAD! Gustoume moito a comparación do arrolo cas pedriñasdentro do pipo. Magnífico traballo unha vez máis. Mari

  3. Leo no enlace que deixaches que timo, da palabra grega que vén significaba corazón, alma, desexo, vida

    … e hai veces que eu quixera ser pipo.

    e esa noz dame que pensar:
    todo o que facemos ten un significado

  4. Con tino ou sen él, o mellor é que eseas mais aberto ás emocións.

  5. Rocío says:

    Se o corazón non pide motivos para latir, sí parece que para as emocións nos temos que pedir un montón de razóns, permisos, quizás somos moi pouco xenerosos con nos mesmos, e non xq non queiramos, as veces nin sabemos! Se as palabras se pudren” , qué pasará coas emocións”?. Cando lin a palabra arrolar o que me veu a cabeza foi un bebé, sereno, tranquilo, a punto de dormirse. Que con eses arrolos te sintas así. Permitinme pasar x aquí, gracias

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: