post

vinte anos

Xa comentei no artigo anterior que estes días me ocupei de dixitalizar unhas cintas de vídeo nas que se rexistran antigas festas do entroido da miña parroquia.

Ao revisar todo ese material fun atopando bastante xente que quedou no camiño. Moitas desas persoas xa tiñan os seus aniños enriba, mais non era ese o caso de Daniel da Hermida nin o de Moncho -meu primo e compadre-; tampouco o de outros que tamén nos deixaron moi novos.

Fixen un corta e pega coas imaxes de algunhas desas persoas que xa non están. Para a lembranza.

Comments

  1. Bos días amicus:
    Chapeu. Mais o que me doe un pouco é ise:… de outros que tamén nos deixaron moi novos.
    Será por iso ca música vai un pouco nese sentido?
    Sonche bos. Teñen moito miolo.
    Breves saúdos XdF.
    [Xa me dirás coma metiche isa daguerre do Blade Runner. É unha cousa boa, ademais é unha das millores da cencia-ficció]
    Deica logo amicus…

  2. Unhas imaxes emotivas nun mes tradicionalmente dedicado pola liturxia católica ós que xa non están. Mes de novembro, mes de ánimas, mes do Tenorio burlón citando a cear a un morto. Unhas imaxes que perpetúan dalgún xeito ós que fican na soedade dos sepulcros (“qué solos se quedan los muertos!”, sentenciou Bécquer) e que, lonxe de transmitir tristura, lonxanía… parecen saltar tódalas dimensións e facérsenos presentes….vivos. Se, como din, a enerxía non se destrúe senón que se transforma, dalgún xeito, viven.
    Un precioso agasallo para os que os coñeceron en vida.
    E unha curiosidade: Mozart finou sen rematar a Misa de Requiem na que se inclúe este fermosísimo Lacrimosa.Afortunadamente este xa estaba composto e o noso querido Falabarato, home de vasta cultura e sabedoría, puido regalarnos o oído á par que a vista.
    Parabéns, unha vez máis.

  3. xdafonte says:

    Agradezo os comentarios, coma sempre.
    Pregunta o Beato polo GIF animado de Blade Runner. A resposta é simple. Tan só hai que localizar na rede algún bo caladoiro de gifs animados, copiar a ligazón dun que escollamos e pegala coma imaxe na nosa web.
    Estes de Blade Runner pilleinos aquí.

  4. Andrés says:

    Vou sorprender a máis dun con esta técnica que nos ofreces de gratis.
    Apertas!

  5. Emocionante. Non sei que máis podo engadir.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: