Teño un bo lío de cables e aparellos ciscados encima da mesa. Citarei só os que lle afectan ao traballo que hoxe presento, que veñen sendo unha cámara Sony Video8 -moi aparatosa ela, como corresponde ás da súa quinta-, unha tarxeta capturadora de vídeo por USB e o portátil co que traballo habitualmente.
A cámara deixouma Suso de Fandiño, un auténtico pioneiro da videogravación a quen lle debemos unha parte significativa da memoria gráfica da nosa parroquia. A capturadora pasouma o outro Suso, o de Eticolmeiro, e así aforrei o traballo extra de dixitalizar desde o Video8 á miña cámara HDV para volcar despois ao ordenador, que é como viña facendo antes.
Coa cámara viñan algunhas cintas con rexistros de vellos entroidos. Escollín unha ao chou e fun dar co do ano 1991. Cantas cousas pasaron en vinte anos!
Esto e ÚNICO E IRREPETIBLE, ten un valor incalculable!! Que orgullo para esta xente de Oza verse reflexado vinte anos despois. Algún hasta tiña pelo….!!
Non acabei de velo aínda,sólo vin o discurso do cura. Pero encantoume!!! Para actor non ten precio!!
Está genial, e as voces que se sínten dos que non pensan que son grabados, ja,ja. Xa acabarei de velo, pero non puden aguantar sin facer o comentario. O “demo” tentoume, ja,ja. Moitas gracias a todos os que fixeron posible que este documento salga a luz. E parabéns a Falabarato unha vez máis. Un abrazo Mari de Piloño.
Bos días Xosé:
Excelente documental de esos carnavales. Da gusto ver como en pocos años algunas cosas mejoran; otras, desgraciadamente, se pierden.
Breves saúdos.
DEICA LOGO AMICUS…
Agradézovos, estimados Mari e Beato, as vosas amables palabriñas. Agradezo tamén a amabilidade de quen me achegou as cintas máster que me fixeron posible o traballo.
Estou seguro de que temos un patrimonio gráfico bastante máis rico do que cremos. O que fai falta é sacalo á luz antes de que sexa tarde, xa que a velocidade coa que van mutando as tecnoloxías é tan extremadamente rápida que se corre o risco de que determinados soportes deixen de ser lexibles.
Mágoa que se perda esta marabilla, esperemos que non, que antes inventen algo!
E un gustazo ver isto co paso do tempo. Que 20 años no es nada……..