post

muíños, río, uxío

Xa hai tempo que circula polo cauce do Tella, que é un dos dous ríos que bañan o meu Cachóns, unha substancia sospeitosa que enloda a auga e mantén a raia a vida. E non é preciso ver para crer: basta con cheirar para saber.

Uxío coñece ben o río Tella e entende de muíños, como poderás comprobar se ves o vídeo que poño hoxe. O que non entende Uxío é a pasividade coa que os estamentos e os membros da nosa sociedade aceptan, cada quen ao seu nivel, o desastre da contaminación sen mover un dedo para porlle remedio.

 

[vimeo 31651184/]

 

Para ver en YouTube [aquí]

 

Comments

  1. Zeltia says:

    Contrastan as imaxes fermosas co cheiro e a porcallada no río.

    Botamos a perder a testemuña do noso pasado; os pedazos do muíño afogados no barro e na auga fedenta, as pedras derrubadas entre as silveiras.
    Que noxo da Administración; pero non esquezo o noso pasotismo, non valoramos esas cousas, non movemos un dedo, rápidamente esquecemos o noso pasado máis recente; pronto non haberá nin as ruínas, só algunhas fotos, vídeos, debuxos, historias recollidas nalgún libro; todo será como algo imaxinado. Algo lonxano e alleo.

    Agradecer a Uxío as explicacións na maqueta, [noraboa pola habilidade]
    coñecer o nome das distintas partes e o seu funcionamento servíume cando vin os cadáveres do rodicio, da ran…

    E a tí, Xosé, felicitarte unha vez máis polo interesante documental que realizaches, ao que lle soubeches engadir beleza e ese puntiño de poesía

  2. O río e a roda… Uxío, a explicación detallada, a preocupación e o cariño polo seu entorno. A vosa paisaxe. Non falta de nada no documental!!!
    (pero si sobra algo: o lixo e a escuma do río Tella. E tamén falta a conciencia suficiente das autoridades ás que lle compete para preocuparse por manter vivo o patrimonio que aínda non hai tanto era un ben neceario e indispensable. Ai, se limpar o río dese votos…)

  3. Áptera says:

    Paréceme moi oportuno o que di Uxío sobre a apatía, porque o problema da conservación e da mellora do medio está tanto na desastrosa xestión das institucións -que tamén- coma na nosa indolencia cidadá, da que non paramos de ofrecer exemplos.

  4. Anónimo says:

    Aínda así, no medio do desastre, que imaxes nos traes! eses raios de sol entre as árbores, esas follas ocres, esas paisaxes outounais, parece que berran que aínda queda esperanza.

  5. Lourdes says:

    Vaia porcallada. Si e verdade que non se explica como os poderes publicos non fan algo. Moito laretar estes dias dende os coches, pegando onde lles peta todo tipo de pegotes, carteis e colorinchos, para que logo deixen morrer asi unha parte da natureza tan importante e necesaria.
    Esto vai traer consecuencias, eu diria que xa as está traendo, enfermedades, contaminacións, o ambiente que sufrimos. O malo e que estamos loitando polas cidades, fábricas, empresa, e esquecemos que o campo tamén a sufre.
    Moi boa denuncia.

  6. Unha denuncia necesaria e, aínda por enriba, feita con graza.
    Avanti!!!!

  7. É unha vergonza ver isto. Onde meten os cartos os concellos? Porque gastar, gástanos.
    Gustoume moito o vídeo e animo a facer máis denunciando a destrucción do medio ambiente.
    Os meus parabéns tamén pola valentía de facelo.

  8. Anónimo says:

    Os ríos porcos e unha pena e está a orde do día. A ver si agora que están chegando as eleccións se acordan algo da natureza, que e algo moi importante.
    E cómo non a restauración dos muíños. Aínda que xa non se usan, son algo dignos de ver.
    E quero felicitar os irmánsFuentes, que sempre atopan temas interesantes que nos fan sacar a relucir as nosas emocións.
    E norabora tamén por que para periodistas non teñen precio!! Porque se expresan moi ben. E Uxío describe perfectamente as pezas do muíño.
    Calquera día aparecen na televisión facendo unha entrevista os políticos!!
    Moi bo traballlo. Gustoume moito e as imaxes da auga impresionantes!

  9. Ola, volvo a escribir de novo, para pedir disculpas polo erro cometido, o comentario anterior é meu, e como non puxen o dedo onde tiña que poñelo… entrou como anónimo. Síntoo moito, non era a miña intención!!! ESTABA ATENDENDO VARIAS COUSAS A VEZ E …. AI, A CABECIÑA NON PARA!!.
    Xa quedo confesada publicamente, agora espero a penitencia, ja,ja!!

  10. Susana says:

    Parei por aquí e vin un vídeo ben orixinal. Gustoume moito. Vou poñer esta páxina nos meus favoritos.
    Menudo traballo, por certo!

  11. Anónimo says:

    Non sabía eu nada da ra e do ovo e pensaba que o rodicio non se apoiaba no fondo do río.
    Mui bo documental e un magnífico maquetista Uxío.

  12. Anónimo says:

    De enlace en enlace vin dar con este magnífico blog. Pasei coase toda a tarde mirando nel e pareceume moi entretenido, moi agradable de ver e sobre todo moi didáctico. Noraboa polo documental.

  13. MJosé says:

    Os que vivimoso o lado do río Ulla, moi cerca do Concello deTouro, entendemos moi ben o que dis.Sufrimos durante décadas a cor cambiante do río, ás veces arrubiado coma óxido e outras da cor do sulfato. Non había troitas, ras, nin sequera “pitas cegas” -araña de río-, nada. O río quedou sin vida, todo grazas á explotación aberta das minas de cobre de Río Tinto. Teño entendido que despois de varias denuncias, sancionáronos con 50 mil das antigas pesetas… De risa. A día de hoxe a mina está cerrada ao non resultar rendible.

  14. Beato Darzádegos says:

    Bos días amicus:
    Por eiquí aínda non chegou o sangue ao río; ou o que é o mesmo, a situación aínda non se deu. Os arroios e pequenos ríos mantéñense máis ou menos intactos e espero que as únicas e pequenas explotacións gandeiras que agora se están dando estean ben controladas en cuestións de residuos e avaliacións ambientais. Aínda que as súas distancias ás canles sexa de varios quilómetros. En cambio, igual que aí, a desaparición de vellas pedras de muíño ou rodicios e outros elementos si é cousa habitual. O vello muíño do meu pai protexeuse con rocas e pedras para evitar o seu desmantelamento; aínda que diso encargáronse, igualmente, as cobras e lagartos tan abundantes nas leiras e lameiros.
    A gravación é pedagóxicamente xenial. Isa maqueta expricativa, ises detalles poucas veces danse. As canles se se deixan sabendo que conteñen contaminantes, dan que pensar. Desinterese ambiental, neglixente ou moito interese dende onde saen.
    Breves saúdos.
    Deica logo amicus?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: