post

o perigo e o que salva

Onde está o perigo tamén medra o que salva
[Friedrich Hölderlin]

A nena non estaba cando empezou a cea. Estaba a mesa pequerrechiña, estaban os pratos, o viño [excelente], o pan… Estaba tamén a noite morna e estaban algunhas estreliñas que vixiaban a eira, pero a nena non.

A nena debeu ir cobrando vida mentres eu me distraía coa maxia da noite e coa comida esencial e saborosa.

A nena vivira naquela casa moitos anos antes e contoume cousas dun tempo no que aínda eu non nacera. Faloume daquel pai que a acariñaba e que lle dicía, coma se a arrolase:

-Voute matar, non teño outro remedio. Dime se prefires que te corte coa machada ou que te esgane.

-Eu non quero que me esganes, papá!!

Logo téñote que picar coa machada…

-Non, papá, eu non quero que me mates!

-Pero téñovos que matar a ti e á mamá… Non hai escolla, nena.

E a nena foime relatando moitos feitos semellantes, estarrecedores os máis deles, ata chegar á narración da fuxida que lle salvou a vida.

Penso moito naquela noite e naquela nena, sen ser capaz nin sequera de intuír de que estraña enerxía se pode alguén valer para falar desde o amor de cousas tan terribles.

Comments

  1. A extraña enerxía…?
    O AMOR que, de seguro, esa nena leva dentro.

  2. Vaia diálogo, demasiado incrible pra ser inventado. A violencia, inda que non sempre tan explícita, é un elemento sempre presente nas nosas vidas.
    Alégrame saber que o viño e a comida estiveron a bo nivel 😉

  3. Estou con Tom! A violencia na infancia é máis habitual do que se supón.
    Cantas nenas agochan segredos de medo, de desprezo, de rabia, de abandono e maltrato emocional por parte dos seus proxenitores! Pero ese medo tamén nos aporta valentía e a vida sempre nos dá a oportunidade de comprender e aprender que só desde a forza do amor se pode acabar co odio a aqueles que nos feriron. É daquela cando a nena pode comenzar a vivir… e a dar o que non recibiu… ese amor inmenso! (aínda que a pegada do medo sempre permaneza na sombra).

    Un abrazo fortísimo para nena e outro para o autor do artigo.

    PD/ máis que unha interpretación, non pretendo tal, a miña é unha simple e sincera reflexión.

  4. Áptera says:

    Estes dramas cotiáns case nunca saen á luz. Vivimos nunha sociedade que prefire a cegueira.

  5. Qué tristeza e inxustiza que alguén pretenda ter o control das emocións, do medo e da vida doutras personas. E peor aínda si e un neno, tan inocente, débil, indefenso… non teñen máis ben que o que se lle fai. O medo nos seus ollos e o recordo doloroso no corazón quedarán para sempre na súa memoria. Cómo podía imaxinar esta nena que quen se supoñía que a tiña que protexer de todo peligro, quería acabar ca súa vida ou a da súa nai? Qué inferno!!! Cántos neniños no mundo sufrirán neste momento a rabia dun desgraciado maltratador!! Esperemos que logren falar a tempo e non acaben mal. Moi bo relato, pero estremecedor e triste.

  6. Zeltia says:

    ata chegar á narración da fuxida que lle salvou a vida. …salvou a vida para que a vivira unha nova nena. porque ela, probablemente, morrería o dia da fuxida. e dende entón habitará dentro dos límites da pel da nova nena, coma unha pantasmiña,

    podería ter sido así.

  7. Dicía tamén Hölderlin que “As ondas do corazón non estouparían en tan fermosas escumas nin voltarían en espíritos se non chocaran co destino, esa vella rocha muda”. Quen sabe se desa forza nace esa estraña enerxía…
    “Pero el amor es infinito.
    Y el corazón vacío:
    como el espacio vacío que no es la nada sino que tiene
    infinita energía” Ernesto Cardenal recreou no seu “Cántico Cósmico” un mundo cuxo motor é o AMOR, a enerxía que move todo, como ben di “S”.
    Un entrada de enigmática beleza. Parabéns unha vez máis.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: