post

colmeiro 139

Obra de Manuel Colmeiro

Hai bastantes anos atopei un libro que xa case estaba descatalogado. Non lembro o título, mais si o contido: 139 reproducións da obra do artista silledense Manuel Colmeiro Guimarás

Escaneeinas unha a unha na primavera de 2001 e gardeinas nun CD. Hoxe falei daquel libro con Matías da Torre, o Concelleiro de Cultura de Silleda, e lembrei as 139 imaxes. Localiceinas ao chegar á casa e decidín compartilas nun album Picasa ao que podes acceder premendo na imaxe superior. As reproducións ofrécense na calidade orixinal coa que foron escaneadas.

[No 2007 subín ao YouTube un extracto dunha entrevista a Manuel Colmeiro na súa casa de Margaride -Silleda-, que fora emitida por TVE no ano 1999, poucos meses antes do seu falecemento. VER]

Comments

  1. Zeltia says:

    vaia traballiño, Xosé.
    é xeneroso da túa parte compartilo. De seguro que xa hai alguén quitándolle partido.

    eu heime demorar nos cadros, aproveitando que os deixaches aí, tan á man… [agora non, que caio co soniño]

  2. Son unha das afortunadas que foi agasallada con este CD, que aí teño como ouro en pano, desexando que as novas tecnoloxías non nos xoguen unha mala pasada e me dure moitos aniños.
    Comparto un adxectivo coa veciña de arriba, Zeltia: xeneroso. Graciñas por compartir sempre.

  3. Que maravilla!!! Esto e un documento único, digno de gardar con sete candados.
    Non fun capaz de decir cal pintura me gusta máis. Todas teñen algo que sorprende, atrae…
    E a entrevista, que gran recordo para a súa familia, poder ter a súa imaxe e as súas palabras en vídeo. Este gran artista transmite sencillez e naturalidade.
    Moitas gracias unha vez máis a Xosé, por permitir que poidamos conocer estes detalles e disfrutalos.

  4. Acábanme de avisar e vin mirar as imaxes. Creo que o libro ao que aludes o tiven nas miñas mans, pero non lembro o título.
    Moitas grazas.

  5. silledense says:

    Vin na prensa que estes días houbo en Silleda uns actos na memoria de Colmeiro ao cumplirse 110 anos do seu nacemento. Supuxen que esa foi a razón que te levou a subir todas esas fotos precisamente agora, dez anos despois de telas escaneado.
    Cóstame moito imaxinar as doses de paciencia que hai que ter para coller un libro, ilo pasando polo cristal do escáner páxina a páxina, tratar cada foto, titulala, etc.
    Imprimín un par delas e saen moi ben.
    Grazas, X.

  6. para cando un novo video onde ver como devala a luz na tarde,
    ou como medra na punta da mañán?

    pon aí unha xanela que leve ao microcosmos falabaratiano!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: