post

expo na casa da santiña

Case sen tempo para levantar a cabeza de follas de cálculo e de mil papelorios que nin o demo sabe de onde saen. Sen tempo para pasear por Cachóns, para ver outonar, para botarlle a man ás mazás.

O domingo fun rescatado por Uxío. Levoume á capela de Santa Eufemia e fíxome un pase privado da exposición que con tanto mimo axudou a preparar.

Comments

  1. Eu… estou casi sin palabras, mirei o vídeo tres veces, e non me canso, sempre encontro algo novo. E algo ÚNICO E ESPECIAL. Qué suerte teñen en Cachóns de contar cos irmaus Fuentes! Uxío, fixo un traballo, magnífico. E que ben fala!! expresase con moita delicadeza e naturalidade, ten unha voz moi dulce. Parabéns! Xunto con Xosé, fan un equipo perfecto.
    Gracias a vos, podemos conocer como se vivían as romerías de fai uns anos. Que gran privilegio!
    O que máis me chamou a atención foi a venda de enaguas, nunha festa religiosa!
    A carteiriña, que me trae algúns recordos de anos máis tarde, ca que eu xogaba e facía coma quen que iba a feira comprar.
    Os velos negros e a peineta que levaban a cabeza as mulleres. En ocasións hasta se utilizaba para casar. Na miña casa, aínda se conserva co que casou miña nai, con moito cariño e esmero.
    E algo que me fai rir, son os cuellos das camisas enormes e os pantalóns dos homes, estreitiños na cima, e acampanados no fondo, parecen saias!
    Eso sí, os músicos, e os gaiteiros, xa iban ben vestidos para ser neses anos. Esas sí que debían ser boas festas, cheas de ilusión, porque eran poucas e esperadas con moita ansia.
    Penso que estes irmaus merecen unha homenaxe, polo gran traballo feito. E GRACIAS, por compartilo con nós. Abrazos para os dous, con cariño, Mari.

  2. Ser da parroquia, mirar como todo era hai 30 anos.
    Buscar as persoas coñecidas …

    O vídeo que reproduces está moi ben, recollendo esceas típicas de romería e o aire de festa, con esa encantadora voz de ponte entre as imaxes e nós.

    Moito traballiño e ilusión na exposición, va que sí?

    [xa se botaba de menos un traballiño en vídeo teu, eh, que nin todo traballo, tamén algo de placer]

  3. Costa arredar os ollos de tanta beleza

    Grazas Uxío e grazas Xosé …. grazas Santiña !!!!!!

  4. Harmonía says:

    Fermosas e entrañables lembranzas as recollidas neste interesante documento etnográfico. Emociona saber e comprobar que os máis novos queiran saber dos seus antepasados…
    Parabéns a Uxío polo traballo realizado e grazas a Falabarato por seguir compartindo.
    Apertas dezás.

  5. Unha vez máis, parabéns por este cachiño da historia da Capela de Santa Eufemia. Foi un pracer entrar no Sancta Sanctorum do Tabernáculo, pasear os ollos por tantos tesouros rescatados da escuridade, do anonimato. Impresionante a lección maxistral do cicerone, a cantidade de información ofrecida en tan pouco tempo e con tan poucas palabras (lendas, costumes, curiosidades…). E que dicir dese vídeo dos setenta? A familia Vázquez esmerouse ese ano!!! Eu creo que á xente si lle vai gustar verse nas fotos e no vídeo (algunha aínda quedará!), ou recoñecer ós parentes e amigos, falar do tempo que pasou e dos estragos (ou non) que fai en todos nós. A min si me gustaría verme retratada nunha foto coa que non conto, ou aparecer nun vídeo recuperado da humidade dunha vella sacristía…. Vaia se me gustaría!!!
    Magnífico traballo (o manual e o intelectual). Oxalá servira para seguir recuperando a memoria durmida en tantas vellas capeliñas.

  6. Andrés says:

    Sería interesante facer chegar esta iniciativa a todos aqueles que teñen acceso a lugares con tesouros esquecidos para sacalos á luz. Cantas cousas quedarán perdidas por aí nas parroquias, hermidas, casas. Unha veciña miña rompeu todo o que tiña antes de marchar cos sobriños. Mágoa de tanta foto, incluso libros ou cartas. Unha pena, non credes?
    É un vídeo bonito, atractivo e entretido, e que nos fai pensar no noso abultado patrimonio.

  7. Pili Bermúdez says:

    Moitas graciñas por facer éstas cousas tan fermosas. Non deixedes de facelo porque a xente agradanos moito. Gostariame podes ver todas as fotos que hai na exposició xa que eu non vivo ahí e non teño posibilidade de velas, tan expostas en internet? podiasme decir onde?

    • xdafonte says:

      Graciñas a ti, Pili. As fotos xuntounas Uxío, meu irmán, así que lle pregunto se se pode acceder a elas a través da web e xa che conto…
      Saúdos.

      • Pili Bermúdez says:

        moitas gracias, gostaríame moito poder velas porque creo que sale miña nai cando era pequena. Espero a túa resposta. Un saúdo moi grande.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: