post

sunshine award [Dores]

Mandáchesme un carameliño envelenado, Dores; un agasalliño en forma de galardón que leva un nome que impacta: Sunshine Award.

Para comezar, o agradecemento por terte lembrado de min, Dores.

E, para seguir, a responsabilidade de designar as doce webs que propoño para o premio. En boa me metiches, Dores!

Escriben por aí que no mundo hai uns 300 millóns de páxinas web. Descartado velas todas, o que me queda é establecer algún criterio, e non necesariamente obxectivo, que oriente a miña escolla. Doulle voltas e máis voltas e máis voltas, e chego á conclusión de que os lugares que vou seleccionar han ter a característica común de ser espazos cos que manteño unha fonda relación emocional, ben sexa froito dunha conexión persoal cos autores/as, cos contidos… ou con todo xunto.

Queda explicitada a miña clave, Dores. Deixo nun segundo plano outras nocións como as de calidade, difusión ou frecuencia coa que as visito.

A lista, sen orde nin prioridade de ningún tipo:

Zeltia, que nunca está de volta de nada.

Harmonía, que me obrigou a manter aberto este chiringuito.

Augasdemarzo, fascinantemente oblicuo.

Sucos, o blog de Dores, ourego romeu menta.

Naturgalicia, quen mo ía dicir…

Mari de Piloño, polo afán de superación, a ansia de vivir e a falta absoluta de vergoña.

O cartafol dos silencios, por ese galo punkie que me mira.

Made in Galiza, hai que velo, hai que lelo.

Alberte Pagán, que me sigue abrindo camiños despois de tantos anos.

Eliseu, tan capaz de falar con erudición do Gran Hermano coma de Schubert.

EtiColmeiro, porque Suso fai que tamén sexa a miña casa.

Alex Ghalpon, porque si!

Comments

  1. Zeltia says:

    viches que o marlon brando que tés na barra lateral parece estar reflexionando sobre a túa lista galardonada?

    moitas grazas, Falabarato! (alédame que o criterio de selección fose algo emocional)

  2. Queridos nominados, mirade a donde chegamos! Si seguimos así, xa nos vemos na alfombra roja, camiñando ao lado dos famosos.
    Eu quero agradecer desde aquí a Falabarato, que cada día logra sorprenderme cas súas magníficas ideas e palabras sempre adecuadas. Se estou nesta lista, será por algo, non? Así, que, GRACIAS, pola parte que me toca.
    Non sei se agora, a miña idade, me aparecerá a vergonza. Pero teño claro que me describíches moi ben, SOLO QUERO VIVIR!!! e como non, superarme día a día, porque, quen sabe?, ao mellor, hasta traspaso fronteiras sendo reporteira, non? ja,ja,.
    Hai que rir, que seica alarga a vida, a ver se así chegamos os cen!! Con cariño, Mari.

  3. Ah!, non quero pasar sin FELICITAR, por este premio, a dous grandes profesionales das palabras e das emocións, e agradecerlle que compartan estes sentimentos con nós. E un gran placer que aínda quede xente no mundo así!GRACIAS!!!
    NORABOA! por este premio que ben merecido o tedes. Vai por vós, con cariño, Mari.
    Para Dores e Falabarato. Que o disfrutedes!!!

  4. E eu tamén comparto a túa postura polo criterio de selección que escolliches.
    Grazas, Falabarato.

    (se cerrases este chiringuito, “obrigaríamosche” a abrir outro!:)

  5. Áptera says:

    Vaia, vaia! Non deixas de sorprenderme, ;)) !
    Teño que decir que me parece perfecto o criterio que estableceches.
    Bicos.

  6. Anónimo says:

    un listado… sorprendente

Trackbacks

  1. […] De Falabarato tamén recibo o Sunshine award. En agradecimento eu teño que facer rular o meme mandándollo a outros 12 (doce!) blogs. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: