post

na copa do castro

Chegamos á parroquia do Castro cando comezaba a devalar a tarde.

Baixamos primeiro ata a estación de tren que tanto lles impresionou a Dores, a Zeltia e a Juanjo cando viron a homenaxe que lle rendiu Iván.

[e eu ben sei da enorme capacidade que ten Iván para despertar e transmitir emocións …]

Despois fomos á Copa do Castro, que está a un pasiño da vella estación. Subimos amodiño, gozando do paseo, da temperatura, da luz que ía amortecendo, do encontro. Carguei ao lombo a miña vella Canon, que case non uso por culpa das súas dimensións e do engorro das cintas miniDV, e propúxenlle a Dores que buscase un asento cómodo e que nos lese algo. Coloquei a cámara enriba dun trípode que mercara na Coruña nunha fermosa tarde de hai xa uns anos. Calquei no REC. E Dores leu.

Tamén en Vimeo [aquí]

Comments

  1. Harmony says:

    Emocionante.
    Auténtico!!
    Grazas por compartir.

  2. Andrea says:

    Esas palabras que treman como un corazón latexante. Así palpita o meu corazón pola fermosura destas imaxes. Gracias, Dores e Xosé.

  3. dorestembras says:

    Xosé, lin, contei, rin emocionada no encontro, nese centro do mundo que é A copa do castro. Arroibada e feliz desta gravación íntima, na que me quedo, sobre todo, coa complicidade da tarde. Sen palabras para o teu traballo de producción, as cancións, o pote, a chave, o libro, a mirada.Sen palabras para Iván, anfitrión inmellorábel!!

    Agradecida. Feliz.

  4. Zeltia says:

    tamén estou eu tan agradecida por ter disfrutado desa tarde inesquecíble, a compañía tan grata, a paisaxe recoñecida, os versos de dores envolveitos na maxia que ela transmite [porque ela é unha fada que nos fascina.]
    E Xosé soubo traballar as imaxes de maneira que transmite ese fascinio: a la vista está!

    grazas a iván e a xosé por me convidar.

  5. Vin o documental dun tirón, a pesar de durar case media hora. Beleza pura. Marabillosa luz do atardecer.
    E eu, que non entendo nada de cámaras, coido que esa que ti chamas “vella cámara” aínda está de bo ver, a xulgar polos resultados…
    Apertas. Grazas por compartir.
    Amén.

  6. Que maravilla!! Encantoume, como le Dores. Noraboa! con esa voz, tan dulce e agarimosa, todo sona diferente.Hai unha gran diferencia, cando o recita unha persoa que sínte e vive cada palabra que vai decindo. E moi relaxante escoitála, da a sensación de ser alguén moi cercana, e que consigue transmitir os sentimentos que ela proba. Magnífico. A súa mirada, ilumínase cando recita.
    E o detalle do libro do poema quedou moi ben colgado no árbol. E como si as palabras estuveran esperando a ser liberadas, para poder ser escoitadas polos corazóns máis sensibles.
    Parabéns, a todos por este traballo cheo de ilusión.

  7. Anónimo says:

    home pois ler sabemos todos…non?

    • Por suposto que que todos sabemos ler, mira ti!
      Outra cousa moi distinta -e que a ninguén se lle escapa- é recitar tal como o fai Dores Tembrás cos seus propios poemas.
      Eu non coñecía a esta poeta. Hai unha tempada, e grazas ao enlace que puxo o Falabarato, visitei o seu blogue e descubrín os seus textos. Descubrina a ela a través dos seus textos. Descubrina e, dalgún xeito que non sei explicar, tamén descubrín cousas miñas que estaban moi ben gardadas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: