post

paleiras 2011

Abro a Wikipedia o día de Santa Margarita de Antioquía e leo que Villamartín é un pobo de Santa Eulalia de Oscos [en eonaviegoSantalla d’Ozcos, engade a enciclopedia, sempre xenerosa].

Di moitas máis cousas a Wiki, pero do que no fala [aínda] é da romaría da Virxe das Paleiras. A última edición tivo lugar o sábado pasado, día do Carme. Fixen un documento máis amplo do que agardaba, que che ofrezo en YouTube e en Vimeo.

[vimeo 26660749]

Comments

  1. Tiña que ser así de amplo !!!!! como ías privarnos de calquer detalliño milagreiro….
    todos moi fermosos.
    Que xente tan agradable dá gusto a súa amabilidade, vela e escoitala.
    O lugar tamén ten o seu; menudas vistas !!!
    Felicidades Mari. Fíxome moitisma gracia a cara que pos, ante “o posible ”
    abrazo do santocristo, 🙂
    Moitas grazas Xosé, dios cho pague !!!!

    [ Por certo, o canciño pequeno, parece unha raposiña………? ]

  2. Áptera says:

    Non entendo nada de facer vídeos, pero sorpréndeme que se escoite tan ben o que di a xente. Parece que hai moito vento darredor, non?

  3. xdafonte says:

    H, non é nada raro que o “canciño” pequeno che pareza unha raposiña: é unha auténtica raposiña!!!

    Con respecto ao tema do son, confírmolle a Áptera que sería moi difícil facer entrevistas co vento que corría polas Paleiras o día da romaría de non ter unha axudiña. Resulta que hai unhas semanas que incorporei ao equipo un micro direccional con pantalla antivento… e furrula!

    Para min foi a cuarta visita á romaría das Paleiras, sempre formando parte da nutrida comitiva silledense, e por cuarta vez gocei da hospitalidade daquela xente e da maxia do lugar.

  4. Eu, quero decir que vivín unha experiencia única!E a primeira vez que fun, pero, sentínme moi a gusto e acollida!!! A xente recibiunos con tanto cariño!!!.Casi parecíamos a comitiva dos príncipes de Asturias!.
    E que decir do lugar? E un auténtico paraíso, donde se respira paz e tranquilidade. Que ben o pasamos!!! houbo hasta baile, aínda que eu bailo coma un pato mareado, pero… o importante e menear o cu non?

    O meu agradecemento sincero, as persoas que me permitiron acompañalos, para os entrevistados, e a toda a xente que nos acolleu tan ben.

    E a Xosé, a miña sincera noraboa, por captar unha vez máis detalles espectaculares coma a lonxanía dos prados. Esta e a suma dun bo equipo fotográfico xunto a un profesional.

  5. Curiosísima festa! fonte, virxe, cristo-de-brazos-abertos-na-cima-dos-montes,burato na rocha, lugar recoleto de vistas fermosísimas…
    Creo que é a primeira vez que asisto á xestación, nacimento e impulso dun lugar de peregrinación mariano. As anécdotas dos artífices do asunto son moi divertidas… [imaxino o cristo pola carretera da Fonsagrada]. Todo é tan inxénuo e espontáneo que me resulta enternecedor. Simpatízame moito.

    E o teu traballo resultou unha reportaxe moi interesante e entrenida, Xosé. Vaia equipo tés! [tanto humano como técnico]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: