post

elas non son das que morren de pena

Hai cousa dunha semana que andivo o lume darredor das casas de Dornelas. Coutárono os veciños, apostados ao pé das eiras con sachos e tractores, ata que os equipos de extinción se fixeron cargo da situación. E agora, mentras vou dando un paseo con Zeltia polos vellos camiños ardidos, escoitamos con emoción os cantos dos paxaros. Queremos crer [e cremos] que son cantos para a esperanza.

Pola tarde, falo con miña nai do lume. En Oza temos unha longa tradición de incendios forestais. Lembra miña nai o monte de Mirón, que tantas veces ardeu sendo eu pequeno, mentres vai botando nun caldeiro as xudías que cocerá para a cea.

Este vídeo está feito con imaxes de Dornelas e da horta de Cachóns. O monte de Zeltia, a horta de Esther e de Pedro.

[vimeo 26258903]

Comments

  1. Unha canción será sempre unha esperanza…. e que ningunha nube de fume
    escureza máis, a fermosura dos días.

    Nivos.

  2. Escoitando falar a túa nai dos incendios que houbo hai anos e mirando o verde cheo de vida que hoxe é Cachóns, confírmame a idea de que á vida non hai quen a coute.
    No video resaltas o contraste da morte que o lume deixou no monte de Dornelas e a vida que todo o enche en Cachóns… pero tamén recolles a imaxe desas herbiñas verdes, tan verdes, medrando no chao negro, abríndose camiño ao sol… [a vida ábrese paso]
    como vai medrando a esperanza no medio da desolación!
    Pois tamén no páramo do desamor medran herbiñas de ilusión, sabes? [a alegría ábrese paso]
    E ninguén morre de pena. [Le monde m’émerveille dí a canción…] A canción tan linda e tan triste
    E tan esperanzadora, [pero tan triste.]

  3. Lembras que che preguntei “ti pensas que aquí haberá unha primavera o ano que vén?
    -Si, sempre vén a primavera -dixeches-

  4. Áptera says:

    Medran as herbiñas, percíbese ben…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: