post

loxística

Decidín mercar un complemento para a videocámara nunha tenda virtual. Fixen a xestión onte pola mañá na web do vendedor e remitíronme un correo-e coa factura e cunha referencia para facer o seguimento do envío. Pinchei nela e fun dar á páxina da empresa de transporte UPS, e alí asistín á crónica dunha viaxe trepidante.

Como podes ver no pantallazo, o produto foi recollido onte pola tarde en Chilly-Mazarin, en Francia. Desde alí viaxou ata o aeroporto de Roissy (París). De París mandárono a Colonia, onde ten UPS un gran centro loxístico. Na madrugada de hoxe xa chegara ao aeroporto Sa Carneiro (Maia, Porto), e de Porto levárono a Pontevedra. A excursión rematou coa entrega en Silleda antes de xantar.

Todo iso sucedeu en menos de 24 horas.

Comments

  1. Por qué crees que se chama transporte urxente, bonitiño?

  2. Qué viaxe máis rápido! Os transportistas seguro que non tiveron tempo de leer o periódico ou tomar o cafeíño tranquilos. Esto sí que e eficiencia!!Con estes datos, consiguen que a xente crea neles e lles faga máis compras. Gracias, a tí conocemos estes detalles. Noraboa, por expoñelo o público.
    A verdade, e que nin un paxariño vai tan rápido!!! Quen fora paquetiño para viaxar así! Aínda q sería un pouco cansado, non?,pero sería unha aventura!!!

  3. parece o guión dunha peli de espías: Francia, Alemania, Portugal, Pontevedra… pobre paquetiño que baqueteado debeu chegar, (e despois dí Maridepiloño que lle da envexa!)

    pois, xa que tes o paquete, disfruta del

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: