Ardeu Dornelas: vinte hectáreas convertidas en borralla. Non teño máis palabras.
Comments
Trackbacks
-
[…] Falabarato estivo en Dornelas e recolleu imaxes coa cámara. Choran, berran, a través da súa ollada. Fotograma a fotograma arrincan do peito a rabia, a melancolía, a impotencia. […]
Non precisas palabras, Xosé. Falas coas imaxes. Non puideches realizar mellor edición delas. A pena, a raiba están presentes. Pero tamén a esperanza.
[Ver a miña casa aí, á beira das cinzas encolleume o corazón… agora cando vaia ver todo, irei preparada para o impacto; todo grazas a tí.]
Querer eloxiar o video e non ter palabras. Só emocións. A música adecuada a cada fotograma. Berran, choran as imaxes co tratamento que lles deches. Un traballo excelente, Xosé: sei que o fixeches co corazón.
Marchei de viaxe coa beleza de Dornelas recén vista. Hoxe, xa de volta, atopo a traxedia. Mete medo o que pode arder este verán!
Bicos e, coma sempre, grazas.
Mágoa. Tristeza. Indignación. Pero xa foi.
Poucas palabras caben. As imaxes falan e choran por si soas.
Agardamos a que ese monte comence a reverdecer cara a próxima primavera.
Ánimo zeltia!
Apertas.
Que triste! o que pode facer o lume! destrúe a fermosura da natureza e as ilusións en poucos segundos.
Ánimo Zeltia!, tí levarás para sempre nos teus recordos, e no corazón o que os teus ollos viron desde pequena. Un día, todo volverá a tomar color, e todo esto quedará nun mal soño!
Gracias tamén, a Xosé, unha vez mais por facer unhas fotos tan impresionantes. Hasta o detalle da piña que quedou no medio da ceniza, sin arder, como decindo que ela non quere morrer.
Choro con vos. Tampouco teño palabras.
Na miña aldea había un home que se sabía que lle prendía lume ao monte. Todos o sabían. Todos lle tiñan medo. Todos calaban. Ninguén o molestou ata que morreu de vello.