Pasou un ano desde a reconciliación, e ben que se percibe esa nova enerxía na vitalidade que foi collendo o xardín. Parabéns.
Comments
Trackbacks
-
[…] en Dornelas o 26/06/2011. Duración 2:27. A cámara, a gravación e a edición do vídeo son de Falabarato. [Meus o agradecemento e o […]
Fermosas imaxes e fermoso fondo musical. Un fondo musical que oín por primeira vez “un” 23 de xuño, noite máxica. “O” 23 de xuño de 1995. Viaxei do Dornelas de Zeltia á Polonia de Weronika, á Francia de Veronique…
Fermosa reconciliación!
Sabes, Aura, que onte ardeu o monte darredor desa casa de Dornelas? Salváronse os carballos da zona leste por puro milagre.
Inda non me pasou a tristeza polo bosque que ardeu…
Sigo Impresionada. Saber que as chamas estiveron a 2 metros da viña que prantou miña nai, no valo que rodea a casa…
[Agora os camiños á sombra entre os pinares, debaixo dos carballos… xa non estarán. Cando vaia alá -que me teño que mentalizar- 20 hectáreas de bosque darredor xa non estarán…]
Deixoche un vídeo da TVG, no minuto 1:44 verás parte do camiño que rodea a casa, e alí mesmo ardendo unha chousiña que tamén e nósa.
http://beta.crtvg.es/tvg/informativos/os-incendios-levan-o-medo-aos-vecinos-de-dornelas-en-silleda-70492