post

fundido en negro

fíxolle deus mil favores :: si, ho, a el e aos da casa, que moitos traballiños levan pasado… :: e inda bo foi que mantivo o sentidiño ata o remate :: si, meu pobre, pero mellor lle sería telo perdido :: tamén é verdade, que debe ser moi triste verse así e non se poder valer…

En cambio, ás veces a morte actúa dun xeito máis simple, máis rápido, máis monstroso. Imaxino esa morte coma un fundido en negro, di Z. Un desvanecemento sen volta atrás. Un apagón.

Hai menos de 24 horas atopámonos nun bar de Silleda. Un saúdo e unhas poucas palabriñas, coma sempre. Hoxe, no tanatorio.

Bo descanso, César.

Comments

  1. Anónimo says:

    Que descanses, César!!!!

  2. Anónimo says:

    Non sei se era un mozo ou un vello. Cambia a cousa. Non é precisamente unha mala morte. O malo da morte é que sempre e pronto. Se non o é…mala cousa e mala morte.

  3. Tú nos dijiste que la muerte
    no es el final del camino,
    que aunque morimos no somos,
    carne de un ciego destino.

    Tú nos hiciste, tuyos somos,
    nuestro destino es vivir,
    siendo felices contigo,
    sin padecer ni morir.

    Que descanse en paz o teu coñecido.

  4. silledense says:

    Coñecía a César, un home querido por todos por estes pagos.
    Gracias pola dedicatoria.

  5. Anónimo says:

    Non coñecía a César.
    Unha dedicatoria breve pero moi intensa.
    [A vida. Etapas.]
    Unha aperta.

  6. Zeltia says:

    Pois eu non coñecía a César.
    Pero eu podería ser César.
    Ti.
    Calquera de nós.
    Por iso non importa que eu non coñecera a César.
    Todos somos un César.
    E calquera día, caeremos de bruces, ou mello: que nos deitemos e xa non espertemos… Morrer sin a angustia de ver vir a morte, Iso diredes os que o coñeciades, “foi unha boa morte” (non unha desas mortes lentas, cunha agonía interminable)
    Miña nai nas súas oracións sempre incluía unha que era máis un exorcismo: “líbranos Señor dunha morte repentina!” De nena pensaba que unha morte repentina era lo peor de lo peor
    Hoxe tamén me aterra, pero creo que me aterra moito máis a outra.

    Onte vin nun blog unha foto dunha pintada que dicía: “El miedo a la muerte nos impide vivir”

  7. Un que o leu says:

    Antes dicíase, agora xa menos: morreu de repente. Eu pensaba que era unha enfermidade.
    A vida é imprevisible e impredicible.

  8. Non tuven o placer de coñecer a César, que polo que se ve era un bo home, e todos lle querían ben, que descanse en paz!
    Acostumbramos a decir, bueno, tuvo unha boa morte, foi rápida, sin dolor e non estuvo nin padecendo, nin dando traballo a ninguén. Vale, pero e o dolor da familia?, porque xa non se sabe que e o peor, que estea sufrindo nunha cama, por exemplo, ou que sea así roubado, coma quen dí, desta vida?, Eu, por desgracia, probei as dúas maneiras, e podovos decir, que e sempre ” a morte” e que che traspasa o corazón e leva unha parte de tí, co defunto. Pero sea nun caso ou no outro, ten que pasar o tempo. Con esto non quero dicir, que se olvide, si non que se amortigua, e menos mal, porque si non nadie viviría.

  9. IVAN EL DEPORTIVISTA says:

    Eu si que vou votar moito de mennos a Cesar. Sempre o via por SIlleda. adios

  10. Beato Darzádegos says:

    Bos días amicus:
    Qué podría decir que no se haya dicho ya….uhmmmm?

    ¡ AVE, CÉSAR, morituri te salutant ..!!!

    Con todo o respecto; é o que che pasoume pola cachola….
    Deica logo amicus.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: