post

o tren non para

Iván vive a poucos metros da estación ferroviaria do Castro, en Silleda. Os edificios e os restos do mobiliario dan fe de que aquelo foi unha estación, pero xa hai anos que os trens deixaron de deterse nela. E xa non pararán máis.

Un día faleille a Iván das miñas viaxes en tren, sobre todo das máis recentes, e animeino a darlle uso á súa flamante cámara para facer unha reportaxe na estación. Aos poucos días trouxo unhas imaxes que el mesmo desbotou: o pulso tremáralle e as imaxes estaban demasiado movidas. O noso Iván está a virarse un chisquiño finolis, así que colleu vinte euriños, mercou un trípode, volveu á estación e fartouse de gravar. O traballo rematouno este venres pasado coa axuda de Mari de Piloño, que sempre ten o saleiro cheo para repartir.

Tamén está subido a Vimeo [aquí]

Comments

  1. Edelmiro Silveira says:

    Observou o Edelmiro esta historia de trens que non paran. Pero existe algún que realmente pare? E achegou o café aos beizos.

    • Caravaggio says:

      Unha boa pregunta a que formula o Edelmiro, porque creo que hai unha correlación clara entre tren e movemento. De feito, o concepto de “tren parado” é difícil de asumir: é unha idea desacougante e monstrosa. Si, monstrosa. O tren parado, se é algo, é puritita chatarra.
      O tren é un farsante, ademais: vémolo pasar e fainos ver que só é el quen se move.

      [xa metidos no tren, Mystery Train, de Jarmusch]

  2. Íván está feito todo un cineasta. Unha aperta moi grande e os meus parabéns.

  3. Quero felicitar a Iván polas imaxes captadas, esa na que pasa o tren é unha toma que me gusta moito. Seguro que tivo que ter moita paciencia para esperar, e pensar moi ben onde situar a cámara.
    Tamén felicitalo por non querer conformarse coas imaxes primeiras se non estaban do seu gusto, e volver facer todo o traballo,
    esa é cousa de moito mérito,
    que todos tendemos a ser un pouco chapuzas, se algo non sae ben… arreglamos un pouquechiño por aquí outro pouquechiño por alá…
    Rin moito con iso de que se acababa o mundo no túnel se non chegan ter a onde arrimarse cando apareceu o tren… (eu tamén vivín esa experiencia e é de soltar moita adrenalina)

  4. Como se nota que controlas os horarios da renfe Iván !!. Digo polo de: “estar deitado tan comodamente ….. “. Xa non tendes peligro nin nada, vos os dous.
    Encantada co teu vídeo e coa túa colaboradora, co detalliño da flor, e nin che falo do momentazo
    ” chico martini 🙂 ” Bicos.

  5. Áptera says:

    Cantas cousas se din sen case dicir nada…
    Noraboa, Iván

  6. gracias a todos polos comentarios

  7. O tren xa non para…, pero sigue en movemento!
    O que xa non para de gravar é don Iván do Castro.
    Moi bo traballo Iván!!
    Apertas
    PD/ Grazas, Mari, por compartir o teu saleiro;-)

  8. Iván, estás aprendendo moi rápido, si segues así serás un reporteiro internacional.
    Acordate de nós cando chegues alá eh!
    Que boa idea tiveches Estou segura que estas imaxes, despertarán en moitas persoas , uns recordos maravillosos. E sobre todo para a xente que traballou nesa estación, ou en algún momento colleron alí o tren.
    Quero expresarche o meu agradecemento, e tamén a Xosé, por contar conmigo. Paseino moi ben.
    E como non, citar, para os teus seguidores. Que eres todo un cabaleiro, porque o da flor saleu de tí, nadie che dixo que a colleras. Foi todo un detalle, grazas.
    Seguro que vendo este detalle, vanche aparecer mozas a montón. Vai pensando que facer con todas!!!
    Deseoche de todo corazón que gañes, e senón,o que importa e vivir o momento.
    Ánimo e sorte!

  9. Manuel Botana says:

    Moi boa reportaxe a cal nos mostra unha realidade moi común en moitos pobos galegos donde o desuso deste medio de transporte eliminou escenarios únicos como pode ser unha simple parada de tren. Felicitovos ós dous. Un saúdo.

Trackbacks

  1. […] ata a estación de tren que tanto lles impresionou a Dores, a Zeltia e a Juanjo cando viron a homenaxe que lle rendiu […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: