post

140 caracteres

[Resoltas as dúbidas e esconxurados os medos, a muller séntase a escribir a carta coa que vai pechar o seu matrimonio. Darredor dela deambula o home ao que ama, o home que a ama, o home que a asesora na redacción do texto cun entusiasmo de efectos devastadores]

Esta escena, que eu acotei e subín AQUÍ, pertence á película Por fin viúva (Isabelle Mergault, 2007), unha desas comedias con dobre fondo ás que xa nos ten acostumados o cinema francés. Creo que paga a pena vela, aínda que nada máis sexa para gozar da magnífica interpretación de Michèle Laroque.

A escena cobra un interesante valor antropolóxico nestes tempos nos que, como ben apuntou Lois Pereiro, os elementos das novas tecnoloxías van elaborando os nosos afectos. Todo cabe nos 140 caracteres dun SMS.

Comments

  1. Pois para ser un tema tan… ” delicadiño ” a escena que nos mostras é para escachar coa risa.
    Terei que vela, enteira !!!!

    [ canta razón levaba Lois. Que sería de nós sin as novas tecnoloxías ]

  2. A min esa escena que subiches, ponme triste. Recoñezolle a gracia que ten, pero imaxinar a dor que o receptor sentiría, e que nin sequera a carta a redactara ela…

    [e para as faladoras coma min,os 140 caracteres dun SMS non me chegan a nada!]

  3. Pódense dicir cousas moi fermosas cos 140 caracteres, aínda con moitos menos. De todas formas, eu prefiro o contacto directo, pero non sempre se ten o valor necesario para afrontalo. Así nos vai…

  4. Anónimo says:

    A min pasame como a Zeltia, resúltame unha escena dolorosísima por cómica que sexa. Dos SMS, dos mails e de todos eses inventos tamén desconfío moito cando se trata de tocar asuntos coma ese.
    Gustoume o enfoque do post

  5. Áptera says:

    Que ben te entendo, Zeltia!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: