post

paraíso[s]

Oínlle falar dela a María, pero non me animei a dar o paso. Tivo que vir Dores para que sentise a necesidade do encontro con ela. Ela é Alejandra Pizarnik.

[Onte, dúas horas ao teléfono, a quen se lle conte!, dúas horas de conversa con Z sobre encrucilladas, sobre medos, sobre cousas que se din en textos que aínda non lin, ou que parece que se din pero…

Despois de falar, estes seis versos que furan a noite coma seis coitelos]

Comments

  1. Eu descubrin a Alejandra Pizarnik grazas a unha entrevista que Lupe lle fixo a Dores. Xa ves!
    “Ese instante que no se olvida…”
    Moitos biquiños

    Fai clic para acceder a PT_paratext2553.pdf

  2. Áptera says:

    Tremendos versos, Xosé.
    O medo, os medos…

  3. “ella se desnuda en el paraíso
    de su memoria”

    [no obradoiro de Dores Tembrás podiamos estar moito tempo debullando dous versos coma eses. Falando cada un de nós das emocións que lle asoman ou que lle afondan. Era asombroso como se ían abrindo varias portas a mundos de signficados, de matices, de posibilidades. Porque a interpretación duns versos, duns textos literarios, é tan propia e tan persoal que pode producirnos emocións que nada teñan que ver co que o autor/a sentía no momento da creación, co que quixo expresar con eles…-é a maxia da poesía, da literatura-]

    Curiosidade por Pizarnik, apenas algúns poemas soltos en internet.

  4. E que dicir deste poema?

    Y aún me atrevo a amar
    el sonido de la luz en una hora muerta,
    el color del tiempo en un muro abandonado.
    En mi mirada lo he perdido todo.
    Es tan lejos pedir. Tan cerca saber que no hay.

  5. Uns versos nus, intensos, arrebatadores…
    “…podiamos estar moito tempo debullando dous versos coma eses”, di Zeltia. Encántame debullar versos…, á miña maneira.
    Grazas por presentarnos e acercarnos á autora arxentina e tamén por recordar a bitácora de María (bloggeando);-))

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: