post

prevention&treatment

Tapeando o 17 de maio pola noite despois do MundoLois. Exquisita compaña. Confidencias a tumba aberta entre os tres: me enreda lo que falta / y lo que se aleja.

-Fálalle a Xosé do congreso ao que vas ir dentro duns días…

E conta que a finais de mes viaxa a Turquía para asistir a un congreso mundial de psicoloxía. Nótase que está nese puntiño no que se xuntan os nervos e a ilusión da viaxe. Pregúntolle se vai como relatora e contesta, con modestia nada falsa, que leva un traballiño sobre a evolución da conduta violenta dun grupo de rapaces.

-A ver, muller, dille algo desa conferencia da que me falaches…

Entón explica que nese congreso se van presentar algunhas comunicacións que poden resultar curiosas, mesmo chocantes para a nosa mirada occidental de hoxe, e pon o exemplo dunha delegación iraniana que presenta un traballo titulado, nin máis nin menos, Masturbation: prevention and treatment.

[Os sorrisos estouran en gargalladas]

Xa na casa, indago sobre o congreso e atopo suxerentes propostas na súa web:

unlimited soft and alcoholic beverages, wide variety of shows and animations, live music, Turkish folk dances

Comments

  1. Brocelandia says:

    Jaja, ¡que boa observación sobre o programa!. Que non me fixara tanto eu, que é un programa ben apretado. Entre o “networking”, o “social program”, a “disco party”, a “dinner” e a “late dinner” (para os remolóns), o “breakfast” e o “early breakfast” (toda a noite aberto), ¡moito coñecemento a construir!
    Uf, mete medo ¿eh?

    • pero que ben volo montades!, [eu de maior quero ser psicóloga.]
      Xa nos contarás que solucións aportan dende Irán para a prevención da masturbación [como non sexa que lles corten as mans… e aínda así, sempre quedará algún chorrito no cuarto de baño, polo menos para as rapazas!]

      Un post moi divertido, Xosé!

  2. Caravaggio says:

    Espero que a organización do congreso non esquecera cursarlle unha invitación ao eminente psicólogo Aquilino Polaino, gran experto en algunas das cuestións que van ser sometidas a debate nese evento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: