post

videoghit

O zapato pide media,
a media pide zapato

O mesmiño que di a copla foi o que pasou entre Suso (EtiColmeiro) e Uxío, meu irmán. Os dous son dispostos, traballadores, imaxinativos e decididos. Tan só era cuestión de tempo que aparecese un proxecto no horizonte que lles permitise poñer en común o seu talento. E a ocasión presentouse co Videoghit, un certame de creación audiovisual impulsado desde EtiColmeiro.

Suso andaba a planear a gala de entrega de premios e pensou nuns trofeos diferentes aos que habitualmente se mercan para tales eventos. O que quería Suso era que estivesen feitos con materiais reciclados, con pezas que xa cubriron o seu ciclo de uso e que van dar ao lixo.

E o Uxío podería facer algo diso?

Falei con Uxío e amosou a súa disposición a colaborar. Minto, porque non lle podo chamar disposición ao que percibín realmente como entusiasmo. Uxío é mecánico: Vou facer uns trofeos con pezas de motor desas que tiramos no taller. 

Uxío púxose a traballar [ver vídeo] nos sete trofeos que se lle pediran, e xa os ten listos unha semana antes do día da entrega de premios. Comprobei tamén que Suso xa ten pechada a programación da gala coa mesma antelación. O que dixen antes: Uxío e Suso, tal para cal.

Comments

  1. Suso e Uxío… e tí, a ponte. Os rapaces traballaron, [xa estiven vendo vídeos dos presentados a concurso e algúns están moi currados] e a ilusión de todos cristalizará na gala e a entrega de premios.
    Esperamos ver documento do evento no Falabarato para os que non imos estar alí e cada un dos trofeos nas mans dos gañadores!

    Quero felicitar a Uxío por ter esa vea creativa e pola habilidde para conseguir o resultado que se aprecia nas fotos que nos presentas [ese da buxía que recorda unha cámara é xenial]
    E xa vexo que cada un dos trofeos foi ideado expresamente para o apartado premiado.

    Noraboa polo traballo! [sangue de artistas corre polas veas dos irmáns Fuentes!]

    😀

  2. Guauuuu, pero como resplandecen, vaia par de chuladas !!!.
    Canta ilusión e cantos nervos, que si a media, o zapato a alfombra vermella e todo eso….
    Arde Silleda.

  3. Noraboa ó Uxío pola idea e pola pericia na execución!!!

  4. Xeitoso tándem forman Uxío e Suso; e vostede, sempre trazando pontes…
    Entusiasmo, disposición e imaxinación, si. E talento, tamén!!

    Grazas por amosarnos, en primicia, unha mostra dos trofeos.

  5. Andrea says:

    Estou de acordo con Zeltia no de que hai unha vea artística nos irmáns Fuentes. Noraboa a Uxío polo traballo tan xeitoso que fixo.

  6. Qué bonitos quedaron! Esto sí que é arte e imaxinación.
    Noraboa a todos, e grazas por facernos partícipes das vosas ideas xeniais.
    Gústanme todos, e difícil escoller, están ben relacionados o diseño co tema o que vai dirixido.
    Non deixedes de colaborar os tres xuntos, facedes un gran equipo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: