post

silleda opina: a escura trama

Haberá alguén que aínda non oíse falar de toda a polémica que se desatou despois do recente Madrid-Barça da Champions? Moi difícil me parece, porque estes días semella non haber outro tema de palique nas teles, na prensa escrita, nas radios, nas barras dos bares, nas paradas de bus, nos recreos das escolas [e tamén nas clases, claro], nas comidas familiares, nos fogares de xubilados, nos xulgados de paz, nas salas de espera dos dentistas e, nunha palabra, en todo canto sitio hai.

O reporteiro Iván decidiu aproveitar a ocasión e botar a andar coa súa cámara polas rúas de Silleda. O obxectivo, naturalmente, era pulsar a opinión que a xente tiña do acontecido no partido, especialmente no que se refire ao que Zeltia denominou a escura trama que, segundo Mourinho, tecen os árbitros arredor del.

Comments

  1. Caravaggio says:

    Vaslle ter que triplicar a nómina a ese reporteiro. A cancionciña que escolliches non será unha certa homenaxe ao amigo Pereiro?

    • Caravaggio says:

      Ben vexo que non estou só: xa somos dous os Caravaggio. Iso si, o moneco que nos identifica marca as diferenzas 😉
      Cónstame que o Falabarato está estudando unha importante mellora contractual para Iván que probablemente permitirá que cuadruplique o salario actual.
      Todas as homenaxes que se lle fagan a Pereiro son poucas, desde logo, por pintorescas que sexan.

  2. Iván, vexo que xa te manexas moi ben ca cámara, alégrome moito por ti, esperamos con ansia a nova reportaxe, a este ritmo aínda as de traspasar fronteiras! a ver canto cobras!!
    Noraboa a Xosé polos efectos especiais, que me gustaron moito! apertas para os dous, Mary

  3. Beato Darzádegos says:

    Bos días Xosé:
    Pois certamente e que isto non sirva de rebeldía peiorativa ou mofa, eu non me decatei de nada.Craro que isto exprícase pola miña máis absoluta iñoranza sopor o balón pé.O mesmo pásame cos programas ises do o corazón ou vodas “irreais” que só pasan nas teles. Talvez sexa un friki e didique o tempo a outras cousas diferentes nas que o meu lecer non adoita estar alí onde algúns esperan.
    Deica logo amicus.

  4. ocense says:

    ¿Sabedes en que se parece o Barça a Canal+?…En que se compras a Liga regalanche a Champions.

  5. Vexo que se duplican os caravaggios, o falso moi agudo co da canción, que eu non sabería que é Radio Océano.
    A trama non se aclarou moito, pero a reportaxe está feita con moita profesionalidade, ben reparei en que o reporteiro, Iván do Castro, anima a falar aos seus entrevistados e vai conducindo a conversa dun xeito interesante. Pero eu deixaría de falar de cartos, as cousas non se fan co mesmo agrado cando xurden de maneira espontánea, por afección, que cando xa un está obrigado porque lle paguen!
    Inda temos o reporteiro en cernes, e xa o queredes malear!

    O traballo de Falabarato como editor moi interesante, cando me inicie eu nas artes do vídeo [alá para cando me xubile] 🙂 espero contar cos teus consellos e experiencia.

    Deixo un saúdo para Beato, [xa vexo que agora frecuentas o Falabarato, bo sitio para recordar Galicia, dende logo que sí, carácter Galicia nos posts e poesía visual en estado puro!]

    • Caravaggio says:

      Non hai Caravaggio máis falso có que non é.

      • poderíase definir iso que dis como unha tautoloxía?

        • Caravaggio says:

          Simplemente manifesto a miña máis sincera felicitación pola súa capacidade de repartir cédulas de “caravaggidade” nestes tempos tan confusos (que non escuros, a desgraza miña, porque a escuridade é un punto de certeza per se) que nos tocou vivir.

          • Partín da premisa -falsa, polo que vexo- da existencia dun só caravaggio, o que eu coñecía, -o do careto verde con pinta de escéptico-. Mais encántame este mundo sorprendente onde nada é o que parece.

    • Beato Darzádegos says:

      Bos días Zeltia:
      El comentario realizado por alguien en tu blog me llamó tanto la atención que, estando la tarde lluviosa y no pudiendo ir de montaña ni de espeleología por las torrenteras que se forman, decidí viajar hasta su blog. Pasé algunas horas de lectura tan interesantes que me encontré con lugares comunes en los que coincidimos ambos años atrás.
      Esperaba abierta tu estación, pues creo que los trenes estábamos agolpándonos en sus barreras; los gálibos iluminados mientras caía la noche, los maquinistas van pidiendo cafés ante la larga espera. Que las noticias son buenas, es bueno.
      Una vuelta por estos fantásticos videos donde observar los modos y ademanes de sus gentes me retrotraen a situaciones tan familiares que parece que los estoy viviendo; es una buena forma de soportar la nostalgia y la distancia.
      Además se aprende muchísimo de la calidad de rodaje y relato de esta casa.
      Unha aperta longa e anaco de saúdo.
      Deica logo amicus.

  6. a escura trama de Mourinho e
    a divertida trama dos caravaggioss…
    😉

  7. Dirás clarescuro, jaja!

  8. Áptera says:

    Non vin os partidos Madrid-Barsa. Oín falar deles, claro, e sinto malestar vendo como o fútbol mediático copa case todas as conversas entre amizades, compas de traballo e xente da familia. Falade doutra cousa, penso para min cando os escoito; falade do diñeiro negro que move o fútbol profesional, do gangsterismo deses presidentes ricachos e bordes, das débedas millonarias, dos desfalcos, da mala xestión que despois se ten que compensar inxectando diñeiro poúblico.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: