post

o nervioso

Falaba o Nervioso de Camporrapado das súas aventuras de cando era novo. Falaba e falaba, e Pepe e máis eu escoitabamos mentres tomabamos o café de rigor [se queres un café curioso, ven ao Nervioso].

Mirade, xa sabedes que tamén vos fun taxista. Cantas levo pasado co dichoso taxi! Tamén é verdade que me ten certado vivir anécdotas ben paveras… Desde logo que si.

Lembro que unha vez, hai disto moitos anos, viñeron uns vellos de por aquí para que os levara de chicas, a unha casa desas que xa sabedes vós… E eu leveinos, claro. Eran tan vellos e estaban tan escarallados que a algún tiven que lle axudar a subir as escaleiras do piso ao que ían. Alí quedaron, contentos coma rulas, e máis contentos estaban cando os fun recoller. Subiron ao taxi e un deles deume as grazas por levalos e traelos con estas palabras:

-Meu fillo, que deus che dea moita sorte, ho, para que cando sexas vello coma min atopes unha boa alma que faga contigo o que hoxe fixeches con nós.

Comments

  1. eliseumera says:

    Aínda tivo sorte de que non lles dera algo e quedasen tesos no piso.

  2. Teño un tío que foi taxista durante máis de trinta anos. Cando eu era pequena, durante as reunións familiares sempre narraba historias semellantas a esta. O malo era que el falaba en clave, para que so o entenderan os adultos. Fastidiaba un montón! Pero axiña fun capiscando…
    Ai, as debilidades dos maiores!

  3. Eu creo que precisamente ó que ían era a quedar tesos… .
    Alégrame que o Nervioso siga contando os seus contos e vivencias. Tiña entendido que non che andaba moi ben…

  4. Anónimo says:

    Esto é algo que pasou na clínica do doctor AG. O percance é sabido, entre outras cousas, porque o matrimonio chegou á consulta en taxi. Alí había máis doentes e a señoriña falou fóra e berrou dentro…
    – tenche infesión de orina, e leva varios días queixándose pero non quería vir ó médico, como nunca está enfermo….
    Cando entra no despacho da consulta, e tras oir esto, o médico pregúntalle:
    -pero dime home, pícache ou dóeche??
    -mire don Antonio (fala ela) el xa non sabe se lle pica ou lle come … pero a min xa me dá noxo…
    O doutor, coa tranquilidade que o caracteriza, faille unha análise de orina. E logo dun pouco di:
    -pois, meu amigo, aquí infección non hai…. Vamos mirar de que ven eso….
    Entón a velliña, sen deixar rematar ó médico, seica dixo:
    -Ai mecajonodemo e máis no diosquetefixo!!! ojalla che caija o pelexo!!!

  5. Caravaggio says:

    Pasaron lustros, pero lembro ben as palabras do raparigo aquel: “Sabes unha cousa? Un veciño meu foi ás putas e agora cáelle a pirola a cachos!”

  6. Neste caso as putas son las hermanitas de los ancianos desamparados.

    non sei eu, se non daban levantado os pés para subir as escaleiras… como darían levantado outra cousa…

  7. Beato Darzádegos says:

    Bos días amicus:
    Haiche cousas que non precisan da física pra porse dereitas, alugunhas veces chega co pensamento. Coma fai o mestre ou profesor Xavier, dos X MEN; éstes poderían habelo sido, uns X men nos seus tempos.Hoxe somente son uns xxx men-tecatos.
    Sin intención peyorativa hacia ellos y hacia las personas que ejercen esos asuntos,creo que son parte de nuestros anacronismos de sociedades complejas ( y en aquellas tan primitivas formadas por clanes más allá del horizonte de las primeras civilizaciones mesopotámicas; tan antiguas como su refugio en Oldupay) y donde causas tan primitivas con las que tenemos que convivir y que haciendo caso a voces expertas, por diablas y por viejas,siempre serán tan necesarias como contingentes. Necesarias desde el momento en que nacen y carezcan de fin; contingentes por que cada una que lo ejerce es , a su vez, pasto de una carrera efímera y peligrosa. Qué los dioses (de ellos, no míos que no los tengo) vendigan a ambos, a ellas por existir y a ellos por seguir existiendo. La capacidad de equilibrio en el mundo enfrenta siempre batallas que lo rompen y si los “hippies” hacían suyo el lema “hagamos el amor y no la guerra” como contraposición, ellas son las verdaderas adalides que representan el contrapunto que recupera el equilibrio perdido en más de un “alma” solitaria y desvencijada por circunstancias que desconocemos.
    Deica logo amicus.

  8. Qué chulo! que boa obra de misericordia!, todo sea por contentar o cerebro que manda no home,,jaja. Gustoume moito o relato, pero os protagonistas seguro que aínda máis, que polo menos seguro que o disfrutaron! Eu son muller, pero ofrecinme a levar a un home, e ir a búscalo cando acabara, ja, ja, pero non aceptou. Seguro que non sabe o que se perdeu.
    Qué vivan os protagonistas!,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: