post

camiños orballados

Pasou toda a mañá choviscando. Pola tarde, en cambio, abril amosou a súa cara máis soleada.

Xa levaba un tempo sen verse o orballo nos camiños, nas corredoiras e nos carreiros de Cachóns.

-Moitos destes camiños seguirán sendo transitabeis mentres teu pai estea aí para ilos limpando. Despois… xa veremos.

[E asinto con ollos case de orballo]

Comments

  1. Ollos de orballo despois de ver o vídeo

  2. Fermoso!!!
    Fermosos camiños!
    E a música…, todo sentimento!!

  3. Áptera says:

    Xa de volta.
    Quero darlle unha benvida cálida a Iván como reporteiro.
    Grazas de novo polo que nos amosades, Xosé

  4. Este finde andiven eu tamén por camiños no monte. Mollados. Un deles levaba anos sellado por silvas e toxos e apareceu rescatado, limpo, invitando a penetrar no profundo dese bosque tanto tempo pechado.
    [Camiñar por el na tardiña gris, despois da chuvia, era entrar nunha atmósfera atemporal 5, 20 anos, 50, 300… o mesmo bosque, o mesmo camiño]
    Propúxenme camiñar por el sempre que poida, empeñarme en que o camiño persista sendo camiño porque ha ter unha camiñante. Cóntoche isto para que entendas do que falo se agora che digo que me sinto cómplice deses teus camiños orballados. Cómplice do orballo nos teus ollos.

    [Os videos vense máis grandes nesta nova plantilla: un acerto. Inda que eu sempre que podo vexochos a pantalla completa, non ten comparación!)]

  5. Aínda comparando os esforzos que compren para manter as estradas de hoxe ou os camiños de onte en aceptable estado de transitabilidade (orzamentario-político as primeiras e de fouciños ben aguzados-tempo e ganas nos segundos); non hai color! Nos camiños onte cantaban os carros, hoxe canta a poesía que lles quedou.
    Sentinme como na Chousa ollando este video. Todo un pracer.

  6. Andrea says:

    Eu, coma Zeltia, tamén andiven estes días por camiños de monte. Alí, cando xa non a esperaba, chegoume a primaveira. Tiña as cores do Val do Silencio: branco das maceiras e das xestas, amarelo dos prímulas silvestres, morado das lavandas e do breixo. Alí secouseme o orballo dos ollos e brincoume o corazón da alegría que sempre me da a natureza.
    Gracias pola fermosura do teu video.

  7. Grazas, por facer que poidamos lembrar e aprezar os camiños da nosa querida terriña, que levamos no corazón, pero que vistos no vídeo, nos fan humedecer os ollos, coma as gotas nas follas, a cor das flores silvestres, o verde…en definitiva a PAZ, que se respira. Debemos sentirnos afortunados desta nosa Galicia, da nosa natureza, e coidala o mellor posible, para que as xeracións futuras a poida disfrutar, coma nós.
    Qué ben dita a frase, de que se poderá ir por eses camiños,”en canto teu pai estea alí, para limpalos”, que verdade máis grande! oxalá viva moitos anos e teña saúde para seguir facendo a limpeza dos recunchos nos que se revive.Noraboa por este traballo cheo de recordos e emoción.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: