post

fichaxe

Iván sempre andou dando voltas por aquí: Iván do Dépor, Iván do Castro, Iván de Silleda, Iván e o Seat Arousa, Iván e as cegoñas…

Desde a semana pasada tamén hai un Iván reporteiro, un Iván que leva a súa videocámara no coche para dispararlle a todo o que se menee. O que nos agarda, mi madriña!

O vídeo de hoxe está feito coas imaxes que gravou estes venres, o día que se lle fixo entrega da cámara. Por alí andaba tamén Maridepiloño, que fixo gala do seu habitual desenfado e botou unha man xenerosa. Grazas a ela foinos posible afondar na personalidade do alcalde sexy que descubrimos no anterior post.

Comments

  1. Noraboa polo fichaxe do novo reporteiro incorporado ao Falabarato!
    Encantoume a cabeceira do vídeo de hoxe: esa música, esa marydepiloño coa melena ao vento e eses efectos!
    Iván demostrou que non lle trema o pulso, enfoca moi ben, corrixe aos tertulianos cando convén…

    Noraboa Iván!

    [por certo nese “afondar” do alcalde sexy, eu esperaba que un pouco máis de periodismo amarelo!]

    bicos, Mary!

    Xosé: despois de Iván tí es o mais guapo do vídeo.

  2. Gústame esta forma directa de periodismo de campo. Parabens pola fichaxe dese cámara que promete.
    Bicos

  3. eliseumera says:

    E a revisión dese modestísimo salario vai ir ligada á produtividade ou ao IPC?

  4. xdafonte says:

    Grazas polos comentarios, miña xente.
    Con respecto á situación contractual de Iván, que é o asunto que lle interesa a don Eliseu, o que podo avanzar neste momento é que non está prevista ningunha revisión da base salarial libremente pactada.

  5. Noraboa a Iván polo seu debut, sempre consigue dar sorpresas.Tamén a Xosé, o traballo quedou moi chulo.
    E estou dacordo en que despois de Iván, é o máis guapo do vídeo!
    Esperemos contar con máis reportaxes deste matrimonio perfecto Iván e Xosé. Gracias por facerme disfrutar unha tarde!
    Un abrazo. Mary

  6. silledense says:

    Así que o alcalde guapo era o de Vila de Cruces… Xa me parecía que tiña que ser de por aquí, Falabarato pillabán

  7. Parabéns ao novo reporteiro; xa te vexo gravando gravando…
    Formades un bo tándem, Iván e Xosé! E Maridepiloño non se queda nada atrás!
    Apertasss aos tres.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: