post

mitin

Oído por aí…

O outro día fun con meu pai ao mitin do alcalde. Xa sei que dirás que é un rollo, pero el quería ir e acompañeino. Inda menos mal que tamén foi unha amiga, que así estiven de palique con ela e paseino ben.
O alcalde é moi feito, todo hai que dicilo. Agora caeulle algo o pelo e apatronou un chisco, pero aínda está para un favor, eh. E mira ti o que son as cousas, porque era un simple mecánico e agora ten un casarión que lle arrandea, con piscina climatizada e todo! Tamén é normal que mire un pouco por el, non che parece?
O mellor del é que te trata do mesmo xeito sexas rico ou sexas pobre. Sempre vai visitar a todos os enfermos ao hospital e asiste aos enterros dos veciños. Se non pode ir ao enterro, vai ao tanatorio ou manda a muller, que non é nada guapa. Nada que ver con el, que inda está bastante potente…
Moito rimos no mitin. Mentres botaban os discursos, eu díxenlle á miña amiga: Este está ben bo para unha noite de xeada. Entón foi ela e contestoume que tamén lle valía para un día de calor. Ti es peor ca min, díxenlle. Riamos tanto que meu pai non paraba de mirar para nós as dúas. Imaxina que diría se chega a saber de que estabamos falando…
O alcalde non ten só o meu voto, ten o de todos os da casa. O tipo vale, xa cho dixen, e sabe tratar a todos por igual, non coma outros, que parece que naceron sentíndose superiores ao resto. E dígoche outra cousa: se lle pides algo, el busca a maneira de cho facer. Gaña outra vez, ho. Seguro.

Comments

  1. Silledense says:

    Estou dandolle voltas a ver de que alcalde falan e non caio. Pode que precise unhas pistas 😉

  2. E con todos eses méritos, xa non precisará programa electoral(…??)

  3. Áptera says:

    Que sorte que haxa alcaldes tan presentables, porque os que eu coñezo son máis ben dos que desaniman. Xa nos desvelarás quen é, non?

  4. Este alcalde sí que debe estar ben bo, quen o pillara!, seguro que gaña as eleccións, con estes comentarios!, pero non desveles quen é, senón a pobre muller queda sin él, e non e cuestión de facer un divorcio, non?

  5. eliseumera says:

    Ten pinta, ademais, de ser o rei do pasodobre.

Trackbacks

  1. […] mitin fichaxe […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: