post

entroido de oza 4/ ata o ano que vén

Debía andar eu polos 15 anos cando mercamos o primeiro radiocasete que houbo na casa, e con ese trebello incorporeime aos universos da música en conserva e da frecuencia modulada, porque ata entón só dispoñía dun transistor cativo que me non me deixaba escoitar outra cousa que non fose a onda media.

Co aparato viña unha cinta de regalo, un casete dun contador de chistes chamado O Xestal. Era a única que tiñamos e poñiámola bastante. Despois foron aparecendo outras opcións e O Xestal foi pasando a un segundo plano. A cinta perdeuse, naturalmente, e mesmo pode que fose utilizada para gravar por riba algunha canción radiofónica xa soterrada na desmemoria máis glacial.

Pasaban os anos e eu quería crer que xa esquecera O Xestal. Non volvín saber del ata que hai pouco vin no xornal unha referencia a unha homenaxe que se lle ía facer. Non o pensei moito: mergullei na www e descarguei un lote de discos del. Oír de novo a súa voz púxome en contacto con antigas emocións.

No vídeo de hoxe, o último que lle dedico ao entroido de Oza deste ano, utilizo algúns parrafeos do Xestal. Ben merecido o ten polo que nos fixo rir a Esther, a Pedro, a Uxío e a min.

Comments

  1. xa sabedes que máis que anacronismos é que hai sitios onde aínda papan a xente… unha traballada escolma que nos deixas de O Xestal, Falabarato!

    Madia levan os de Oza téndote de cronista. Se eu fose veciña da parroquia, para rematar o Entroido, berraría diante da túa camara co soniquete de xenerala:
    “Oigan señores digan todos a mi voz:
    – Viva el señor Falabarato y su cámara inquieta!
    – Viva la gente de su mayor aprecio!

    [Encantáronme as crónicas]

  2. Con moitísimo orgullo e grande satisfacción, fágolle os coros á Xenerala Zeltia. Viva, viva e viva ben!!!!
    Mil gracias por unhas secuencias tan divertidas e coidadas.
    As lembransas ai… aí me vexo eu co vello radiocasete silenciando á Ana Kiro por un “words don´t come easy”.[ e non me vou aventurare pero non creo que as cancións que ti gravabas estean tan alcanforadas].

  3. eliseumera says:

    E non o poderían repetir na Semana Santa?

  4. Que bonitas lembranzas!, co ben descritas que están, paréceme de vivílas eu tamén! eu nunca tivera o pracer de escoitar a “Xestal”, pero gústoume, que sabias palabras e cheas de razón 🙂
    Que chulo o tema do radiocasete, hai que ver que fixo unha gran ilusión, que perdurará nos teus recordos e no tempo, porque foi un gran cambio, para ben, por suposto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: