remanga os puuuuuños
[Dores Tembrás, O pouso do fume]
Quen lle ía dicir a aquel Zapatero dos tempos de gloria que a súa imaxe ecuestre sucumbiría ante o vigor verbal dun humilde cigarro de Oza! Non lle ha ser doado encaixar ese golpe ao home que lle gañou varios debates televisados a un personaxe da talla intelectual de Mariano Rajoy.
Rematada a regueifa do Piro e consumada a derrota, Zapatero debuxou coa súa espada o contorno da lúa tremenda. Fíxoo moi amodiño, coa mirada perdida e con toda a apariencia de estar mergullado en escuros pensamentos. Pero iso, como el diría, son meras especulacións. O único que se sabe de certo é que baixou do cabalo e que compartiu un viño con algúns dos presentes. Despois botou a andar pola pista da Hermida abaixo, volveu mirar a lúa colosal e viuse como erguía os brazos cara ela e lle dicía Voute soñar…
Son forooofo desta terra que me ten enamoradooo…..
Siguen as cores, a alegría, a diversión e o bo humor…, entre as mil batallas ocenses!
E vaites vaites co Rubén, eh? Promete!
Ai! Esta lúa chea, como te engaiolou e te fixo soñar! Nótase.
E, leremos “O pouso do fume”: