Foi todo cuestión de tempo: o mal tempo obrigou á xente de Oza a correr o entroido fóra do seu tempo. Houbo que agardar polo san Xosé, e daquela, xusto un mes despois do previsto, si que saíron os cabalos, as carrozas, os coros de mozos e de vellos. Percorreron a parroquia durante todo o día e chegaron a Agoso cando xa era case imposible apartar os ollos da lúa inmensa.
[Eu andaba coa cámara e pode que me confundise o xogo de luces e de sombras –La noche me confunde, dixo Sócrates con acento cubano-, pero xuraría que, ao mirar de esguello, máis dunha vez vin que a magnífica lúa chea se sentaba discretamente entre o público e tarareaba as cancións dos coros con xestos mainiños que namoraban, si, que namoraban]
Houbo regueifas a fartar, e por aquí irán pasando Guardiola, Mourinho, Obama… e mesmo un pitillo respondón. Pero por algo hai que empezar, e hoxe deixo un desafío para que vexades como se resolve en Oza a guerra de sexos.
Tan pequeniñas e xa empapándose desas soflamas antimasculinas…
[ …E magnífico sol !! ]
Oza non merecía menos, que un día así de xeitoso.
E aínda queda máis ??
Será un inmenso pracer, ver tanta alegría
e sentir tanta festa.
Bicaso
E non repararon vostedes no efecto que a lúa chea causou no cabaliño?
Na súa videocamara nada pasa desapercibido….
E, é que entre o Sol a Lúa e tantas estreliñas danzantes o campo da festa de Oza ben podia ser a Vía Láctea e o cabaliño chamarse Zenit…
cousas da gravitación, supoño.
Arme os atranques ande, que teño gana de velos !!!
Apertas
Noraboa os participantes do entroido de Oza, e tamén a falabarato, por permítirnos ver estes desafíos, e disfrutar!
Gústaronme moito!
quedou chulo, ver como nin deixan o vaso para cantar,
menos mal que existe a viagra para algúns! jaja,
Está moi ben a canción. Creo que as mulleres gañaron por goleada unha vez máis.
O que pode presumir de instrumento é o cabalo, ese non precisa viagra ningunha!
Agardo a continuación das regueifas que miro con gusto.
Asistiu a luna lunaza ao entroido de Oza.
Mais permíteme que dude da súa discreción. A discreta sería a túa mirada.
Dis que “por aquí irán pasando Guardiola, Mouriño, Obama…”
Pois non agardes moito a poñer a Guardiola (mmmmm)
Os vosos entroidos de Oza, cada ano, están máis traballados e son máis animados. Agardamos pola segunda parte.
[O cabaliño branco baixo o efecto da lúa chea relucente,siii].
Encantoume a reportaxe!!!
Eu tamén pido ver a Guardiola!
Moi boa a canción e moi bo o ambiente
Aínda que non son afeccionada ao fútbol espero ansiosa ver a Guardiola [a cabalo?]