post

aínda non murcharon as mimosas

Unha persoa a quen admiro agasalloume hai pouco cunhas palabriñas manuscritas e cunha mimosa infectada de beleza.

Na carta cóntame que segue con emoción os vídeos nos que aparece o noso amigo Iván e que se sinte partícipe dos seus éxitos ao volante. É estrano o perto que podemos sentirnos dalgunhas persoas sen coñecelas, di, e concordo.

A Iván fíxolle moita graza a mimosa plastificada. Despois deille a ler a parte da carta que fala del e puxo esa cara de felicidade de cando se sinte recoñecido.

Quedamos en facer un vídeo de agradecemento. Eu quería que no vídeo houbese moitas mimosas, pero xa as daba por perdidas: en Cachóns xa desapareceran. Eu sei onde as hai, dixo Iván. Levou a cámara e gravou toda a tarde. Ao outro día volveuna coller para tomar imaxes das cegoñas que aniñaron en Silleda.

E aquí está o resultado. Utilizamos a base musical e visual dun anaco de Calle 54, o filme que asinou Fernando Trueba no 2000. Se queres ver o vídeo orixinal, preme aquí.

Comments

  1. Felicidades Xosé.

  2. Noraboa Iván, eres unha caixa de sorpresas! eres alguén especial que te fas querer, aínda sin te coñecer. Gracias polos bos momentos que nos fas vivir!

  3. dorestembras says:

    Iván, Xosé, fico tan emocionada e agradecida por este agasallo.
    Por tanta beleza inesperada.
    Por deixarme coñecer esa Copa do Castro entre esferas marelas, vento, tecras, escudo do depor, prumaxe, besta, pita, foulard. Os risos, as palabras.
    Por devolverme a este poema, cando pensaba que ata o ano as mimosas xa non:

    apenas
    da nena
    quedará
    o último alento das mimosas
    o aletexo suave da avelaíña
    que chegará
    onda min
    apenas

    Beixos grandes para os dous

    Dores

  4. Iván Miguélez nunca deixa insensible a quen o coñece. Iván sempre dá todo o que ten, el é todo bondade e simpatía. Grazas pola estupenda reportaxe.
    Iván e Xosé, SEMPRE conseguides emocionarme!
    Apertiñasssss.

    [chegaría o clima “mediterráneo” a Silleda e con el as cegoñas??]

  5. Áptera says:

    É todo tan sutil e tan intenso á vez…

  6. xdafonte says:

    Iván e eu quedamos moi agradecidos por todo o que escribides. E tamén polo que non escribides e que ben sei que sentides.
    El aínda non veu o vídeo, pero xa preguntou por el. Tocaralle velo mañá, martes.
    [O venres, cando me trouxo as imaxes das cegoñas que aniñaron na grúa, preguntoume con toda a naturalidade se se ía saber que foi el o autor da gravación. “Claro que si, Iván, poñereino ben clariño”]

  7. Parabéns para Iván:

    -por gravar unhas imaxes tan lindas,
    -por atopar o sitio das mimosas,
    -pola boa idea das cigoñas,
    -por vivir nun sitio tan fermoso,
    -por ter un bo amigo como Xosé.

    [desta volta só por estas cousas, outro día máis]

    e parabéns para Xosé por ter un bo amigo como Iván,
    e pola orixinalidade da montaxe.

    [desta volta só por estas cousas, outro día máis]

    Déixovos un par de bicos: un para cada un.

  8. Non deixo de sorprenderme… Flamenco, jazz (ou o qiue sexa), Iván, as cegoñas, as mimosas…
    E -non sei como fas- sucede que si, que a masa liga.

  9. eliseumera says:

    Un mimo para estes dous queridos mimosos.

  10. Isa-bel says:

    Iván, moitas grazas por amosarnos ese lugar tan fermoso no que vives!

    [E digo coma “eueu”, que ben consigues, Falabarato, ligar a masa para sacar de novo unha xeitosa fornada: ao mesmo tempo que gozamos escoitando esta versión de jazz latino-andaluz(??), deleitámonos coas imaxes tan diferentes (as cegoñas, as mimosas, o conxuro (?)… que con tanto atino e cariño gravou Iván. Eses acertados primeiros planos e as imaxes superpostas, axudan a que prestemos atención a todo a vez].

    Iván Miguélez: hoxe pola tarde, cando chegues á clase, xa lle podes dicir ao teu amigo-profe Xosé que de aquí en diante che deixe máis veces a cámara, para que ti poidas gravar, que o fas moi ben; e el que se adique a realizar as montaxes… Formades un equipo estupendo!!
    Apertas.

  11. Que bonito e tenro gravaches Iván
    ti sempre alcanzas os teus propósitos e falo con tanta ilusión que emociona, moito !!
    Bicos.

  12. gracias a todos polos comentarios

  13. Pra Iván e Xosé, os meus parabéns por disfrutar das cousas, e momentos simples da vida, e claro así vivimos nós tamén!, formades un matrimonio perfecto, jaja!, un abrazo para os dous, Mari

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: