Un vello estanque.
Tírase unha ra:
ruído da auga.
[Un haiku de Matsuo Bashō]
Aura publicou hai uns días cinco fotos duns muíños que sobreviven ao pé do río Vilameá.
Escribín un comentario.
O retrovisor achegoume ao neno que ía con seu pai ao muíño. O Tella era entón un río, non o fedorento surtidor de veleno no que pouco despois se convertiría [di que si, Uxío!]
Algunha vez colliamos unhas troitas cando volviamos para a casa. Non as pescabamos: simplemente atrancabamos algunha presa pequena para que quedasen atrapadas. Despois gardabámolas no saco da fariña e así ninguén sabía do noso delito.
O comentario quedou aí. A pinga de humor que lle faltaba púxolla alguén que o veu e me mandou inmediatamente un correo poñendo as cousas no seu sitio:
É o bo que tén isto da rede, que sempre aparece alguén por onde menos se pensa.
Os enlaces non me abrían ben, e mellor case que non me tiveran aberto, porque o vídeo ese no que Uxío vai amosando o río, deixoume descorazonada.
por certo, alguén cho valorou cun punto negativo; se cadra o que querían calificar era o que contaba, non a maneira de contalo! [ata eu estiven a punto de darlle un negativo tamén]
Temos un prado ao ladiño do noso muíño e cando eu era pequena meu pai tróuxome unha troita viva. Púxoma nunha tina con auga e estiven non sei canto tempo toda contenta mirando pa ela. Era tan bonitiña!!!! Pero claro, pouco durou e farteime de chorar por ela. Non sei se levei máis desgusto eu ou meu pai ao verme con tanta peniña.
Imaxínovos e encántame. Por unha banda: a tenrura da Aura debulladora e por outra, ós irmás Fuentes enfariñadores de troitas. Compre maña e boa práctica pra suxeitar coas mans troitas vivas!!!
e que non se escorran.
Os delincuentes viñeron despois….
Fai un ano Aura achegaba un enlace sobre troitas. E hoxe toca a convivencia.
Xuntanza familiar:
– Xa é a segunda vez que vamos… aquelo é un paraíso… é todo tan distinto…non muller se te organizas non é tan caro…
[repertorio da nora dun dos constructores de máis potencia de Galicia]
– Coa “punta da cana” habíache que dar a ti, a ver se encartas e che sobe a sanjree a cabessa!!
[esto como non, é do artista da familia]
Unha aperta.
Eu tamén visualizara esa imaxe, os dous irmáns rescatando as troitas enfariñadas… Sen dúbida, unha escena ben divertida e entrañable!
“H”, déixasme pampa coa túa habilidade gravadora; mira que lembrar o que saía en Harmonía hai un ano! (Fun mirar e tiñas razón: buscara troitas para acompañar ao río Deza ao seu paso por Zobra. A miña devoción polos ríos é de sobra coñecida, pero nunca se me deu por pescar. E as troitas semellan tan escorredizas…).
Apertas.