post

apátridas

Houbo quen vaticinou que a chegada de Feijoo á presidencia da Xunta poría fin a unha suposta situación de crispación lingüística.

Podería ter sido dese xeito, por suposto, pero aconteceu máis ben ao revés, ata o punto de que o debate lingüístico está a invadir ámbitos nos que antes sería impensable que se manifestase: o programa Gran Hermano, sen ir máis lonxe [ver para crer].

Chamémoslle debate, chamémoslle conflito, chamémoslle questione della lingua… Chamémoslle como lle chamemos, este asunto é un foco de tensións que non todo mundo dá soportado, ata o extremo de que hai quen opta por declararse formalmente apátrida, como fai este señor que chama a unha emisora de radio:

[Pregúntome como recibirá este señor apátrida a noticia de que se está a fraguar a primeira peli porno en galego! E non acaba aí o conto, non, porque resulta que a peli ten guión e todo… Como dixo Mer, cosas veredes!]

Comments

  1. Pois sobre do Divino Ferrete o apátrida diría o mesmo que dixo para os que podían esvarar no xeo…
    Parece que hoxe fas diana cos apátridas da Coruña, que tamén é de aquí a moza de Gran Hermano que se loce dese xeito…
    Pois sí, aquí na Coruña hai máis xente que o pensa, [pero ten sentido do ridículo e nunca o diría en público…]
    [Eu xa vira ese vídeo un destes días e deume algo de pena. Si. AINDA estamos así?]

  2. A Contramuleta says:

    Botádelle un ollo a isto:
    http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7188.html

    E a colaborar todo o mundo c’O divino ferrete:
    http://www.odivinoferrete.com/doazon

    • xdafonte says:

      Contramuleta, vería vostede que no guión colabora certo coñecido seu que agora está afincado, se mal non lembro, en terras escocesas. Aposto a que é el o responsable da palabra ferrete, que tanto usaba naquel blogue mítico chamado As túas balas

  3. ” Nosa fala amorosiña
    tan deleitosa e xinxela
    e tan doce como a mel
    que traballan as abellas”.

    [ Como dixo meu sobriño de A Pontenova
    – coa súa suave, tenra e doce voz:
    ” Xa se sabe, a intelixencia é como a mantequilla,
    canto menos se ten máis se estira !!” ]

    Moitos parabéns para esa xente nova do Colmeiro,
    por tan bo espectáculo. Sempre.

    • H, a comparanza que ti fas da intelixencia coa mantequilla éche ben acertada!! O vídeo de G. Hermano, desafortunadamente, é un claro exemplo. Esperemos que só se trate dun escollo aillado, pensemosss…

  4. Anónimo says:

    Estiven escoitando e non dou crédito, non pode ser real.¿pero existe xente así? e ainda o que mais me gusta deste señor é o seu acento, é xenial, estou seguro de que para el é como unha condena. Da para rir e chorar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: