post

entroido á vista

Atranque de Daniel [Oza, xaneiro de 2008]

Lembro moi ben como foi a gravación deste vídeo…

Xa era case de noite no Piro, o escenario escollido para a gran batalla verbal entre Daniel e Anselmo. O tempo botábase enriba e meu irmán colleume por banda e foime abrindo paso entre a xente ata levarme á beiriña dos regueifeiros. Alí estaba Daniel, en efecto, pero faltaba Anselmo, que a última hora tivo que ser substituído -e con moita soltura, por certo- por Vilariño. Armei a cámara e collín algúns planos. Vilariño indicoume que me centrase en Daniel, que era o verdadeiro protagonista do atranque, e así o fixen durante os case nove minutos de gravación.

PS1/ Daniel deixounos en novembro do 2009.
PS2/ A maiores do atranque protagonizado polo inesquecible Daniel, achego tamén unha ligazón a un resumo en vídeo do que deron de si as máscaras de Oza do ano 1992 [aquí], que me gustaría que servise de homenaxe ás persoas que participaron e participan nestas festas.
PS3/ Xa se están cocendo as Máscaras do 2011!!

Comments

  1. Daniel estará sempre no corazón de quen o amamos,
    porque Daniel foi un Anxo, tremendamente humano.

    Un bico.

    Esperamos ese cocido, logo.

  2. Ah vaia, tedes uns carnavales moi animados aí en Oza!
    [e polo que vexo con data propia]

  3. Gústoume moito! Qué gran artista o Daniel! mágoa que xa non esté, pero grazas a este vídeo, seguirá vivo na memoria e nos corazóns de todos. Noraboa, a falabarato, por gravar este atranque e compartílo con nós. Grazas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: